jueves, 24 de mayo de 2012

MES DO LIBRO E DAS LETRAS

Durante os meses de abril e maio  conmemoramos o Día do Libro o o Día das Letras Galegas con varias actividades:
-          1ª SEMANA DA POESÍA: DO 23 AO 27 DE ABRIL:
Día 23 de abril:recital poético na Biblioteca.





 
-          CONTACONTOS
-          XORNAL ESCOLAR
-     DÍAS 24 E  25: FESTIVAL DAS LETRAS: RECITADOS, MÚSICA E TEATRO

domingo, 22 de abril de 2012

DIA DO LIBRO E LETRAS GALEGAS

Celebraremos con entusiasmo estas datas para manifestar que ler parécenos unha fermosa maneira de aproveitar e disfrutar o noso tempo.
Para conmemorar estas datas achegamos os seguintes recursos: preme nas imaxes e acederás a eles:


E para as letras galegas que este ano están adicadas a VALENTÍN PAZ ANDRADE premede nestas imaxes para acceder ás actividades realizadas polo profesorado do CEIP Frian - Teis (vigo), do Seminario Galán e da web de Norberto.
   

sábado, 7 de abril de 2012

ABRIL: O MES DA LITERATURA

O mes de abril é o mes da literatura: o día 2 celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen e o día 23: DÍA DO LIBRO.
Para esta primeira data tedes aquí dous LIM cos que podedes traballar o conto. Preme no cartel e poderás traballar un LIM sobre Andersen.

LIM sobre os contos dos irmáns Grimm realizado polo CEIP "Fleming" de Vigo.

lunes, 5 de marzo de 2012

TRABALLAMOS O CÓMIC

Esta semana imos dedicala a traballar o Cómic, e por iso fomos ambientando os edificios do cole e preparando fichas que os nenos e nenas farán na biblioteca ou nas aulas. Este ano traballaremos  as viñetas e bocadillos.

Aquí tamén hai actividades e explicacións sobre todo isto.

miércoles, 22 de febrero de 2012

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

O 24 de febreiro está contemplado como data sinalada no calendario do libro e da lectura, como o DÍA DE ROSALÍA. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está a promover a difusión desta data e a conmemoriación con agasallos de libros e flores.


Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.



miércoles, 8 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Recursos para traballar o Entroido tradicional galego:

Esta páxina foi elaborada pola Biblioteca de Milladoiro-Malpica:


https://sites.google.com/site/olgardiaz/antroido





domingo, 22 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

Como sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi.Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas.