jueves, 28 de abril de 2011

HOXE ESTIVEMOS CON XOSÉ MIRANDA

Entre as actividades programadas para a celebración do Día do Libro e das Letras Galegas estaba a visita dun escritor; por iso, hoxe estivo cos nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria Xosé Miranda. Foi unha sesión moi animada na que o autor contou moitas e divertidas historias  e os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas.



domingo, 10 de abril de 2011

VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os alumnos e alumnas de 5º viaxaron a Santiago de Compostela o pasado día 6 de abril. Visitaron o Parlamento de Galicia, fixeron un percorrido polas rúas de Santiago ata a catedral e pola tarde,  foron ao MUPEGA (Museo pedagóxico de Galicia). Foi unha viaxe moi interesante, pasárono moi ben e aprendenderon moitas cousas.



ENCONTROS PLAMBE EN SANTIAGO

A xuntanza de coordinadores de bibliotecas escolares que tivo lugar en Santiago  o pasado venres día 8, foi moi positiva polo intercambio de experiencias, polas aportacións dos ponentes, polo bo ambiente entre os asistentes e, sobre todo, foi un placer escoitar a
D. Xosé Neira Vilas, que fixo unha lembranza da súa nenez, da emigración, da súa vida... destacando as súas experiencias como lector-escritor e facéndonos recordar a figura de Balbino, protagonista de "Memorias dun neno labrego", do que se está a celebrar os cincoenta anos da súa publicación.

   

jueves, 7 de abril de 2011

XORNADAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


Mañá, venres día 8, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela terá lugar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, nos que participaremos os responsables das 374 bibliotecas integradas neste programa.
Este Plan iniciouse en 2005 e nós participamos desde 2010.
Nesta xuntanza falarase de lectura, poesía, banda deseñada... e compartiremos experiencias con outros centros para mellorar a competencia lectora.
Pódense seguir as sesións plenarias en directo a través da páxina da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.
-------------------------------