sábado, 3 de noviembre de 2018



NA BIBLIOTECA DE CARMIÑA DOS CASTROS .
QUE OCURREU DURANTE O SAMAÍN?  


   Tivemos recreos terroríficos ,os oradores do Samaín dramatizaron contos, adiviñas, fixéronnos pasar moito medo e moitos  bos momentos.
Aquí tedes un pequeno vídeo sobre  as súas experiencias.



viernes, 2 de noviembre de 2018

"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"



Este  é o lema que guiará neste curso os pasos das Bibliotecas Escolares Galegas
Con el, preténdese impulsar o gusto pola poesía como xénero literario, pero tamén espertar no noso alumnado o interese por descubrir a poesía que se agocha en moitas outras produccións literarias como a fotografía, o cine, as artes en xeral, a paisaxe, o universo, a música, o traballo cotiá, as relacións humanas... 
A ilustradora escollida foi Nuria Díaz que nos ofrece unha imaxe moi representativa do que se agocha no lema.Sabedes que este curso é especial para nós porque atravesamos un momento de cambio pero iso non nos vai impedir enfocar o noso PDI  "O Orador que levas dentro "con esta visión poética.

domingo, 28 de octubre de 2018

SAMAÍN


Dentro do noso proxecto, "O orador que levas dentro", pensamos que sería divertido que os nenos e nenas inventasen algún conto de medo para celebrar o Samaín.

Aquí deixámosvos os contos de 2º A "A bruxa e o líquido asasino" e de 2º B " O vampiro Estertus "

Esperemos que non vos dean moito medo.





sábado, 27 de octubre de 2018

                       NOVIDADES

 Este curso 2018-2019 comezamos unha nova actividade no colexio,"a Novidade do mes". Cada mes, un grupo de alumnos presentará un libro que logo se incluirá na biblioteca do centro. En outubro tócalle a 1º, e tendo en conta que estamos co proxecto "O orador que levas dentro" os alumnos de 1A presentamos o libro que aparece no seguinte vídeo...

jueves, 25 de octubre de 2018




O  24 de outubro  foi moi especial,celebramos o " día das Bibliotecas Escolares".
A nosa mascota Carmiña recibíu a visita dos alumnos de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.
Escoitaron moi atentos o conto da Tartaruga dos Castros e gustoulles moito coñecer a Carmiña, que lles propuxo para este curso a actividade "que é para ti un orador?"Os nenos respondéronlle cun traballo de plástica para reflexionar sobre as cualidades dun bo orador.
Mirade que ben quedou!

miércoles, 24 de octubre de 2018

                              GRACIAS NOELIA POLA TÚA XENEROSIDADE

jueves, 4 de octubre de 2018

OS AXUDANTES DA BIBLIOTECA 


Os colaboradores nos meses de outubro e novembro da biblioteca Carmiña queren presentarse. Escoitade o que nos contan.




martes, 2 de octubre de 2018






Hoxe na nosa biblioteca tivemos un agasallo moi especial dunha alumna de 4B.
Que sorte, máis DVDs e pelis para ver.
Moitas grazas  Uxía!

jueves, 27 de septiembre de 2018

VISITA DE BRAULIO




















Ola! Xa empezou o novo curso e Carmiña está agardándovos na biblioteca do noso cole.
Este ano hai moitas novidades porque durante o verán,ela estivo argallando novas aventuras para compartir con todos nós.
Durante  estes meses que imos estar xuntos,Carmiña quere ser unha gran oradora, por eso propón traballar no PDI "O orador que levas dentro".
E como non,empezamos perdendo o medo a falar con  micrófono para sair na tele.
Os alumnos de 1º de EP, tiveron o mércores 26 de setembro unha visita moi especial, "Braulio", unha marioneta moi simpática.
Foi moi emocionante participar nun programa da TVG que se chama Brauliotuber(Avisaremos cando se emita).Falamos sobre o medo.

lunes, 17 de septiembre de 2018

PRESENTACIÓN CONCELLO DE XOVE

O alumnado de 1º nivel no curso 2017/18 traballou o concello de Xove dentro do Proxecto de biblioteca "A nosa comarca"
Mirade que chulo lles quedou!!

martes, 19 de junio de 2018

INFANTIL PDI BURELA

Dentro do proxecto impulsado dende a biblioteca escolar do noso centro, traballamos este curso os concellos que conforman a nosa comarca, a Mariña Lucense.
Este é o de Burela, elaborado polo alumnado de 6º de Infantil.

Mirade que chulo quedou!!

lunes, 18 de junio de 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Esta é a guía de lecturas para o verán. Nesta época de descanso non deixedes descansar nunca a lectura. Con ela nunca vos ides aburrir!!
Xa sabedes, no verán...con un libro na man!!

COLABORADORES BIBLIOTECA

Estes alumnos e alumnas foron os colaboradores durante o recreo na nosa biblioteca.
Eles e elas fixeron un importante labor de apoio e colaboración cos profes que estaban de garda.
Axudaron a recoller os libros que se devolvían e a colocalos nos andeis correspondentes, orientaban aos máis pequenos na escolla das lecturas...etc...
Moitas grazas a todos e todas!!

sábado, 16 de junio de 2018

LARA, GANADORA

Lara Sixto Guisasola de 4ºB acadou o 3º premio no Certame de Narración e Debuxo Infantil convocado pola Biblioteca Municipal de Burela, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2018.
NORABOA, Lara!!
Os ganadores/as, entre os que se atopa Lara

Lara , moi orgullosa do seu premio

miércoles, 6 de junio de 2018

IAGO LÓPEZ NO NOSO COLE

A semana pasada visitounos o contacontos e escritor Iago López. Contou un conto de Mª Victoria Moreno para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria. O conto é do libro "Eu conto, ti cantas" e chamáse "Can branco, can negro".
Coma sempre, Iago encantoulles aos nenos e nenas!!




sábado, 2 de junio de 2018

TRABALLO SOBRE VIVEIRO

O alumnado de 2º nivel traballou este curso o concello de Viveiro dentro do PDI "A nosa comarca"
Esta é unha pequena mostra do traballo realizado:

PDI: BURELA

Os nenos e nenas de E. Infantil traballaron o concello de Burela dentro do PDI: "A nosa comarca".
Así lles quedou:

viernes, 1 de junio de 2018

PDI: BARREIROS

O PDI (Proxecto Documental Integrado) que por segundo curso consecutivo dedicamos aos concellos da nosa comarca empeza a ter visibilidade.
Así quedou o de 4º nivel: