jueves, 29 de noviembre de 2018

NOVIDADE DO MES DE NOVEMBRO

O libro que os nenos e nenas de 2ºA queremos presentarvos chámase "A galiña azul". É un conto do Ourensán Carlos Casares, ao que se lle dedicou no ano 2017 o Día Das Letras Galegas.

Aínda que non é ningunha novidade, debido a que é un conto que publicou no ano 1968, quixemos contárvolo porque sempre oiramos falar da "Galiña Azul" e pensábamos en unha gardería ou centros para nenos pequenos. Se tedes a curiosidade, como tíñamos nós de coñecer a qué se debe este nome, escoitade o resumo do conto e animádevos a lelo que está disponible na nosa biblioteca.

Ah, e agardade un pouquiño porque no segundo trimestre imos atrevernos a facer unha pequena obra sobre o conto.




lunes, 26 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


No noso cole, ademais de traballar coa actividade do conto de Arturo e Clementina, todos os alumnos/as de primaria participaron na actividade plástica de escribir nas burbuxas e así nos quedou:




Os alumnos/as de 5º e 6º participaron tamén noutra actividade que vai na liña do noso proxecto "o orador que levamos dentro" e redactaron un manifesto contra a violencia de xénero que foron lendo polas clases dos cursos de infantil e primaria e despois foron lelo á praza do Concello, baixo o lema "Burela en Negro".





Todos fixemos pins co fondo do lazo que portamos tanto alumnos/as como profes durante este día.


O cole organizou  tamén un concurso entre todas as clases para elixir un slogan para este día e o slogan ganador foi: 

                                                  

viernes, 23 de noviembre de 2018

Día da discapacidade 3 decembro


3 de Decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Navegando pola rede atopamos en youtube estes contos e cancións  para comprender : AS DISCAPACIDADES.




O Equipo da biblioteca propúxolles aos nosos artistas a seguinte actividade:  " SOMOS DIFERENTES E QUE!
O alumnado fixo frmosas variacións das cubertas dalgúns contos clásicos.
QUE DIVERTIDO E SER DIFERENTE!!

XENIAL rapaces! 




DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Nunca esquezades esta data,  20 de novembro .


  

25  DE NOVEMBRO  DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Todo o alumnado de Educación Primaria participou nunha actividade plástica,  hoxe 23 de novembro sobre "A non Violencia".
Ao longo da xornada o alumnado escribiu en burbuxas palabras fermosas que querían que estivesen no aire tódolos días do ano.



Tamén traballouse un espectacular libro sobre o maltato psicolóxico. " Arturo e Clementina".

Mirade que cómic realizamos sobre o mesmo!


















O MAGOSTO NA BIBLIOTECA DE CARMIÑA DOS CASTROS

O mércores ,21 de novembro ó alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria ,fóronlle  contar e cantar " A castaña Toniña" a nosa tartaruga Carmiña.

Mirade dá gusto velos!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Presentación do Kamishibai



OBRADOIRO  DE KAMISHIBAI

"KAMISHIBAI" significa "teatro de papel"

É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que  podemos ver na imaxe.
Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...

Nosoutos empezaremos a actuación  coa música de "2 claves".


Neste vídeo vemos algunhas imaxes do obradoiro sobre Kamishibai que  impartiron os axudantes de Carmiña na nosa biblio.

Parabéns!!! Fixéstelo moi ben.
MOITAS ,MOITAS GRAZAS.


sábado, 3 de noviembre de 2018



NA BIBLIOTECA DE CARMIÑA DOS CASTROS .
QUE OCURREU DURANTE O SAMAÍN?  


   Tivemos recreos terroríficos ,os oradores do Samaín dramatizaron contos, adiviñas, fixéronnos pasar moito medo e moitos  bos momentos.
Aquí tedes un pequeno vídeo sobre  as súas experiencias.



viernes, 2 de noviembre de 2018

"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"



Este  é o lema que guiará neste curso os pasos das Bibliotecas Escolares Galegas
Con el, preténdese impulsar o gusto pola poesía como xénero literario, pero tamén espertar no noso alumnado o interese por descubrir a poesía que se agocha en moitas outras produccións literarias como a fotografía, o cine, as artes en xeral, a paisaxe, o universo, a música, o traballo cotiá, as relacións humanas... 
A ilustradora escollida foi Nuria Díaz que nos ofrece unha imaxe moi representativa do que se agocha no lema.Sabedes que este curso é especial para nós porque atravesamos un momento de cambio pero iso non nos vai impedir enfocar o noso PDI  "O Orador que levas dentro "con esta visión poética.
-------------------------------