viernes, 22 de diciembre de 2017

FESTIVAL NADAL 2017

Onte, na Casa da Cultura, celebramos que se achega o NADAL cun gran festival no que participaron tódolos nenos e nenas do colexio.
Cantaron, bailaron e representaron obras teatrais.
Aquí tedes unha pequena mostra: 
 

domingo, 17 de diciembre de 2017

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2017

A GUÍA DE LECTURAS que elaboramos sempre por estas datas leva un pouco de todo para E. Infantil e Primaria: libros en galego, castelán e inglés. Na inmensa maioría son libros que acaban de saír ao mercado e están elexidos en función da súa adaptibilidade para cada idade e selecionados pensando na calidade e gustos do alumnado.
Esperamos que a nosa selección axude aos nenos/as e pais a hora de escoller libros para mercar.

jueves, 14 de diciembre de 2017

DONACIÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS

Estes días chegaron á nosa biblioteca donacións de libros por parte do alumnado e tamén unha mestra, Diana, nos fixo a donación dunha película.
  Grazas a todos!!


Adrián, de 4º, donou estes libros
Diana donou unha película
David, de 5º, donou un montón de contos!!


-------------------------------