miércoles, 29 de abril de 2015

SEXTA ESTRATEXIA PARA QUE OS NENOS E NENAS NON LEAN

6.- FACER QUE CONSULTEN AS PALABRAS QUE NON ENTENDEN


Esta estratexia está moi extendida sen ter en conta que  fomento da lectura e traballo de vocabulario son dúas cousas distintas e que se deben facer por separado.


Entón ..como aprenden os nenos/as novas palabras? ¿Como van entender o que len? Pois sacando o significado polo contexto, batendo coas palabras unha e outra vez vendo como encaixan mellor. Por que hai que entender tódalas palabras que lemos? Os adultos moitas veces non entendemos algunha palabra que lemos e non corremos habitualmente a buscar un diccionario; moitísimas veces o non entender unha palabra non nos impìde comprender o que lemos, salvo que sexa un texto especializado.




martes, 28 de abril de 2015

QUINTA ESTRATEXIA PARA QUE OS NENOS NON LEAN

5.- BOTARLLES AOS NENO/AS A CULPA DE QUE NON LEAN.


Hai moitos factores que teñen a culpa de que os nenos e nenas non lean : institucionais, familiares, escolares...
Existen moitas casas nas que nunca entra un libro, todos e todas temos ido a algunha na que non se ve un libro por ningún sitio, moitos pais que non dan exemplo aos fillos porque nunca os ven cun libro nas mans...A escola tampouco se libra de culpa porque tampouco ás veces se fomenta suficiente ou de xeito adecuado a lectura dende os centros de ensino.

lunes, 27 de abril de 2015

CUARTA ESTRATEXIA PARA QUE OS NENOS NON LEAN


4.- FACER LER EN VOZ ALTA PARA XULGAR O SEU NIVEL LECTOR

Esta é unha practica moi habitual nas nosas escolas aínda hoxe en día.
..."Esta actividade, consistente en que un neno/a le en voz alta mestres os demais o seguen en silenzo, para logo cambiar a outro neno/a, e así sucesivamente, ten moi escasa xustificación...Se se desexa que tódolos nenos e nenas lean un mesmo texto a un tempo, parece máis lóxico que se lles deixe un tempo prudencial para que cada quen o lea, silenciosamente , ao seu ritmo. E se se quere practicala lectura en voz alta, moito mellor é que cada neno ou nena lea un texto diferente, que os outros non coñezan e que así poderán seguir con máis interese..."

domingo, 26 de abril de 2015

TERCEIRA ESTRAXIA PARA QUE OS NENOS NON LEAN

OBRIGAR A LER UNS DETERMINADOS TÍTULOS
                          


Segundo este libro, é a terceira estratexia para que os nenos non lean.
Cando estudabamos, todos tivemos que ler algún libro de xeito obrigatorio para logo elaborar un traballo sobre el. Ata aquí nada que opoñer, é evidente que necesitamos ler ese libro. Pero eu e seguro que coma mín moita xente que un día fomos alumnos, tivemos que ler de xeito obrigatorio moitos libros indicados polo profesorado sen outra razón que pretender fomentar a lectura.
O peor disto é que aínda hoxe en día se segue a facer o mesmo en moitos centros de ensino: na ESO, bacharelato e logo nas facultades propónselles aos alumnos a lectura duns libros concretos elexidos polos profesores/as, que moitas veces non teñen en absoluto que ver con intereses e gustos que teñen os alumnos/as.
Eu penso que será moito máis efectivo elexir unha lista abundante de libros (será por títulos!!) e que o alumndo elixa acorde aos seus gustos. e non poñer só o título do libro senón tamén unha pequena referencia sobre o argumento, tema...así pode ser que animemos a ler!!

sábado, 25 de abril de 2015

SEGUNDA ESTRATEXIA PARA QUE OS NENOS NON LEAN


Continuando coa anterior entrada, a segunda estratexia para que os nenos e nenas NON LEAN, é a seguinte:

2.- OBRIGAR A REMATAR OS LIBROS QUE SE EMPEZAN
   (Agustín Paz)

Eu digo: sempre lles pido aos meus alumnos que nunca sigan lendo un libro que non lles gusta, que o cambien por outro. Dígolles:"Dádelle unha oportunidade ao libro: 15/20 páxinas. Se vedes que pola razón que sexa: non conectades coa historia, non vos interesan os personaxes,...etc deixade ese libro e pilllade outro."
Eu, enamorada da lectura, teño que facer iso bastantes veces. Se non conecto co que estou a ler, sexa polo motivo que sexa, deixo ese libro sen rematar, porque ler ten que causar pracer, ten que facerse con gusto.
Hai algúns casos nos que é preciso coñecer un libro para realizar despois un traballo sobre el, ou porque un autor che vén a falar dun libro concreto como ocorreu en días pasados que veu Gonzalo Moure a falarnos do seu libro Cama e conto, entón sí, lemos o libro enteiro.
Dicía John Holt:"...Non quero que pensedes que porque empezasedes un libro xa ides ter que rematalo. Lede trinta ou corenta páxinas para lle dar ao autor tempo para arrancar coa súa historia. Se entón non vos gustan os personaxes e non vos importa o que lles ocorra, pechade o libro, esquecédevos del e empezade con outro..."

viernes, 24 de abril de 2015

ATOPEI UNHA XOIA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Os que andamos entre libros, ás veces atopamos algún que nos chama moito a atención. Neste caso foi remexendo en libros vellos no colexio. Un libriño branco e azul chamou a miña atención polo título: LER EN GALEGO (I) e aínda me sorprendeu máis o nome do autor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. Eu sempre asociara este escritor á literatura infantil e xuvenil, a obras como " As flores radiactivas", "Querido inimigo" "O único que queda é o amor"...e a tantas outras que escribiu este prolífico escritor.
Indagando máis na súa biografía, entérome de que tamén escribiu ensaios e numerosos traballos sobre a Normalización Lingüística e o fomento da lectura. Un deles é este libro que atopei:



Abrino e púxenme a lelo con ansia e a verdade é que as ideas, estratexias que dá para fomentar a lectura entre o alumnado están en plena vixencia despois de ser escrito hai uns 25 anos.
Sen dúbida, aínda que como digo todo o libro é moi aproveitable, o que máis me gustou e chamou a miña atención foi este apartado: 

ONCE ESTRATEXIAS EFICACES PARA CONSEGUIR QUE OS NENOS NON LEAN. 

Son estratexias que aínda por desgraza se seguen a utilizar nas nosas aulas e que perseguen o efecto contrario ao que buscamos. Buscamos que os nenos e nenas lean e coas estratexias que empregamos moi a miúdo nas aulas, conseguimos o efecto contrario.
Vounas ir debullando as que me pareceron máis interesantes: (seis en total, aínda que as restantes tamén merecen unha ollada. Están neste libro do que falo.

1.- Ordenar ler coma se dun castigo se tratase. 

Non se pode asociar a lectura a un castigo ou imposición.
Temos que conseguir que os nenos/as lean pero sen obrigar, fomentando a lectura doutra maneira:
Contándolles contos, historias...Os meus trinta anos de experiencia no ensino permítenme afirmar que a tódolos nenos e nenas lles encanta que o adulto lles lea. Temos que facelo de xeito moi claro, despacio, dramatizando....engancharemolos seguro. Pouco a pouco eles tamén quererán descubrir as historias dos libros lendo eles mesmos.
 Recomendacións do mestre, doutros compañeiros sobre libros que lles gustaran: O boca a boca, soe funcionar moi ben.
  
CONTINUARÁ...




jueves, 23 de abril de 2015

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Como non podía ser doutro xeito, o noso cole tamén celebrou o DÍA DO LIBRO.

Quen mellor que un colexio e unha biblioteca para conmemorar esta data?

- O día 21 visitounos o escritor GONZALO MOURE para falar co alumnado de 3º e 4º nivel sobre os seus libros, especialmente sobre "CAMA E CONTO" que os nenos e nenas xa leran.

- Propuxemos dende a biblioteca que cada curso elaborara unha lista de libros recomendando a súa lectura.

- O curso de 6ºA elaborou uns marcapáxinas sobre Cervantes e Shakespeare e decoraron os pasillos con debuxos destes escritores.

- O curso de 3º B elaborou uns carteis en forma de libro con lemas que invitan á lectura.

- Noutros cursos tamén se elaboraron actividades relacionadas con esta data: estudo da vida e obra de Cervantes e Shakespeare, caderniños sobre o Quixote...etc.

- Fixóselle o agasallo dun marcapáxinas aos nenos e nenas de 1º A por seren os máis lectores do cole, visitando a biblioteca todos eles tódalas semanas. Proximamente, tamén se lles fará entrega dun diploma por este motivo.


VISITA DE GONZALO MOURE


LIBROS QUE RECOMENDARÁN OS NENOS/AS E PROFES:

Ola, nenos e nenas de..................., o día 23 de abril celebramos o “DÍA DO LIBRO”. Aínda que, como seguro que vos gusta ler, vós celebrádelo durante todo o ano porque desfrutades das historias que contan os libros tódolos días. A que sí?

O DÍA DO LIBRO é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo, entre outros, de fomentar a lectura. Escolleuse o 23 de abril porque coincide coa morte de dous grandes escritores coñecidos mundialmente: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Dende a biblioteca, queremos celebrar esta data propoñéndovos que elixades entre todos, 6 libros que vos gustaran moito e que recomendedes aos compañeiros/as. Non hai mellor publicidade que o comentario “boca a boca”. Quere esto dicir, que sodes vós os que mellor podedes recomendar un libro a outra persoa para que se anime tamén a lelo.

Eu comprometome a mirar se os libros que recomendades está algún na biblioteca e se non está, comprometome a compralo. Así que xa sabedes, a recomendar libros que vos gustaran e a seguir lendo para desfrutar, para aprender, para soñar....

Ahh..., os profes ao mellor queren tamén recomendarvos algún libro ou queren ter na biblioteca libros para consultar. Eles tamén poden pedir!!!!


Unha aperta para todos.
Data de recollida: 30 de abril
Carmiña, a mascota da biblioteca


LIBROS QUE RECOMENDAN OS NENOS E NENAS:

1.- __________________________________________________________

Gustoume porque.............................................................................................
..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

2.-___________________________________________________________

Gustoume porque.............................................................................................
..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

3.- __________________________________________________________

Gustoume porque …........................................................................................
..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

4.- __________________________________________________________

Gustoume porque.............................................................................................
..........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

5.-___________________________________________________________

Gustoume porque.............................................................................................
.........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

6.- __________________________________________________________

Gustoume porque.............................................................................................
.........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

LIBROS QUE RECOMENDAN OS PROFES:........................................................
........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

MARCAPÁXINAS ELABORADOS POR 6º 






DECORACIÓN DE PASILLOS 6º 



CARTEIS CON LEMAS DE 3º B:




AGASALLO AOS NENOS E NENAS MÁIS LECTORES DO COLE (1º A)
NECESITAN MARCAPÁXINAS, LEN MOITO!!

OS MÁIS LECTORES


ÁS VECES CON AXUDA...

CONCENTRADOS

EN PARELLA TAMÉN SE LE




1º A CON D. QUIXOTE, SANCHO E DULCINEA

martes, 21 de abril de 2015

VISITA DE GONZALO MOURE

Hoxe, 21 de abril , aproveitando que estamos na Semana do Libro visitou o noso cole o escritor Gonzalo Moure. Veu falar do seu libro "CAMA  E CONTO" para o alumnado de 3º e 4º nivel. Os nenos e nenas xa leran antes este libro e poideron cambiar impresións sobre el co autor. Ademais, faloulles  doutros libros que escribiu coma o coñecido "PALABRAS DE CARAMELO", "LOS CABALLOS DE MI TÍO" e outros máis. Durante unha hora e media, Gonzalo Moure contestou ás moitas preguntas que lle fixeron sobre os seus libros, a súa vocación de escritor, as súas viaxes polo mundo...e escoitou interesado tamén os intereses, as propostas dos nenos e nenas.
Foi, sen dúbida, un día especial.
Grazas Gonzalo!!!!




lunes, 20 de abril de 2015

ÁRBORES


Aquí tedes unhas actividades LIM, elaboradas no CEIP Frian, que vos poden resultar útiles xa que veredes árbores que se están a traballar no proxecto deste curso.
 Pinchade AQUÍ


Tamén podes apreder moito sobre as árbores, pinchando AQUÍ

viernes, 17 de abril de 2015

INFANTIL 6º A e 6º B, ESTIVERON DE PLANTACIÓN

Os nenos e nenas de INFANTIL 6º A e 6º B, plantaron unha roseira nunha actividade promovida pola aula medioambiental GAIA do Concello de Burela. 
Desfrutaron moitísimo con esta actividade. E agora...que a roseira medre!!!

miércoles, 15 de abril de 2015

DON QUIJOTE

AQUÍ TEDES UNS VÍDEOS INTERESANTES E CURTIÑOS SOBRE D. QUIJOTE:

DÍA DO LIBRO


Para realizar unhas interesantes actividades LIM, elaboradas por Monserrat fernández Montes, pincha AQUÍ



VÍDEOS RELACIONADOS COA LECTURA:








O QUE PODES ATOPAR NUN LIBRO!!!


Encontrei unha princesa
nun gran pazo de cristal
e un castelo con cen torres               
e tellados de metal.






Unha osa prateada
que sabía cociñar,
un león cunha coroa
que aprendeu a gobernar.




Encontrei catro xigantes
que gustaban devorar
nenas de cabelos loiros
cociñadas no xantar.
                                                    






Encontrei un sapoconcho
que corría a máis non dar
e unha lebre preguiceira                      
que con el ía apostar.





Unha bruxa con verruga
que nos quere enfeitizar
e dous irmáns e outros nenos
perdidos nun carballal.





Un esquío e máis un coello,
un boi, un oso, unha ra,
un dragón con labarada                      
que nos quere chamuscar.




Encontrei o que vos digo
e máis podía encontrar,
porque, con leres un libro,
mil mundos podes achar.

                                   
                                                   (Ana Mª Fernández)



  
E AGORA ESCOITADE O POEMA CANTADO POR MAMÁ CABRA!!!



                            

AS NOSAS ÁRBORES EN INGLÉS!

As profes de Inglés do noso centro, sumáronse tamén ao proxecto deste curso sobre "ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA" e están a traballar os nomes das árbores en inglés. Con todos estes traballos que teñen, pretender elaborar un libro en forma de árbore que seguro que quedará precioso. Estamos agardando a ver o resultado final!!
A MACEIRA!!

AS MAZÁS!!

A CERDEIRA!!

AS CEREIXAS!!!

A FIGUEIRA!!

OS FIGOS!!

                                                                   O LIMOEIRO!
OS LIMÓNS!!
                                                       
A PEREIRA!!

AS PERAS!!

A LARANXEIRA!!
AS LARANXAS!!


DÍA DA ÁRBORE

Como tódolos anos, dende hai xa uns cantos, a aula medioambiental GAIA do concello de Burela, organizou un xogo para o alumnado do colexio que dura unha semana e consiste en ir poñendo pistas sobre unha árbore (Por exemplo,"É de folla caduca") cada día engadése unha nova pista para que o alumnado vaia pensando de que árbore se pode tratar. O curso que primeiro o adiviñe , ten como premio a plantación dunha árbore ou planta no recinto do colexio.
Este ano, resultou gañador 4º A E plantaron unha roseira. NORABOA!!!










-------------------------------