viernes, 24 de abril de 2015

ATOPEI UNHA XOIA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Os que andamos entre libros, ás veces atopamos algún que nos chama moito a atención. Neste caso foi remexendo en libros vellos no colexio. Un libriño branco e azul chamou a miña atención polo título: LER EN GALEGO (I) e aínda me sorprendeu máis o nome do autor AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. Eu sempre asociara este escritor á literatura infantil e xuvenil, a obras como " As flores radiactivas", "Querido inimigo" "O único que queda é o amor"...e a tantas outras que escribiu este prolífico escritor.
Indagando máis na súa biografía, entérome de que tamén escribiu ensaios e numerosos traballos sobre a Normalización Lingüística e o fomento da lectura. Un deles é este libro que atopei:



Abrino e púxenme a lelo con ansia e a verdade é que as ideas, estratexias que dá para fomentar a lectura entre o alumnado están en plena vixencia despois de ser escrito hai uns 25 anos.
Sen dúbida, aínda que como digo todo o libro é moi aproveitable, o que máis me gustou e chamou a miña atención foi este apartado: 

ONCE ESTRATEXIAS EFICACES PARA CONSEGUIR QUE OS NENOS NON LEAN. 

Son estratexias que aínda por desgraza se seguen a utilizar nas nosas aulas e que perseguen o efecto contrario ao que buscamos. Buscamos que os nenos e nenas lean e coas estratexias que empregamos moi a miúdo nas aulas, conseguimos o efecto contrario.
Vounas ir debullando as que me pareceron máis interesantes: (seis en total, aínda que as restantes tamén merecen unha ollada. Están neste libro do que falo.

1.- Ordenar ler coma se dun castigo se tratase. 

Non se pode asociar a lectura a un castigo ou imposición.
Temos que conseguir que os nenos/as lean pero sen obrigar, fomentando a lectura doutra maneira:
Contándolles contos, historias...Os meus trinta anos de experiencia no ensino permítenme afirmar que a tódolos nenos e nenas lles encanta que o adulto lles lea. Temos que facelo de xeito moi claro, despacio, dramatizando....engancharemolos seguro. Pouco a pouco eles tamén quererán descubrir as historias dos libros lendo eles mesmos.
 Recomendacións do mestre, doutros compañeiros sobre libros que lles gustaran: O boca a boca, soe funcionar moi ben.
  
CONTINUARÁ...




No hay comentarios:

Publicar un comentario

-------------------------------