Amosando publicacións coa etiqueta #bibliotecasescolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #bibliotecasescolares. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN.

 Queremos compartir estas recomendacións lectoras que elaboramos para acompañarvos estas vacacións. Agardamos que vos gusten e que a compañía dos libros enchan aínda máis este verán de vivencias e recordos.








martes, 9 de xuño de 2026

VISÍTANOS O CÓNSUL DE POLONIA.

 O Sr. Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, Cónsul honorario de Polonia en Vigo visitou o noso colexio o pasado venres para falarnos de Polonia e comprobar o moito que aprendimos durante este curso sobre este fermoso país do norte de Europa. A esta visita convidamos tamén á nosa familia procedente de Polonia e a Mario Pillado, Tenente de alcaldesa e concelleiro de educación (entre outros cargos) no noso concello. 

O traballo no noso PDI "Burela sen fronteiras" foi o motivo polo que nos puxemos en contacto con este consulado ao comezo do curso escolar. O motivo era conseguir información para as nosas investigacións sobre Polonia e, por que non, algunha recomendación. Pois non só foron moi amables na súa resposta senón que chegou ao cole unha caixa con bastante material para poder coñecer moito mellor este país. Ademáis, o Sr. Juan Manuel Vieites mostrouse moi entusiasmado co noso proxecto e ofreceuse a visitar o noso cole cando lle fose posible.

Foi unha visita moi agradable na que tivemos a oportunidade de coñecer ao Cónsul de Polonia en Vigo, profundar nas obrigas que tén a súa labor, coñecer Polonia un pouco máis e pasar un ratiño moi agradable. Quedamos moi agradecidos e esperamos que se anime a volver de novo polo cole.




domingo, 7 de xuño de 2026

NOVA SINALÉCTICA.

 Carmiña dos Castros e o seu amigo Clink (de Polos Creativos) xa andan a traballar na nova sinaléctica para a nosa cambiada biblio. Mirade que chulos están quedando os números da CDU para colocar enriba das estanterías.




sábado, 6 de xuño de 2026

OLA! CANTAS GANAS TIÑA EU DE FALAR CONTIGO.

 OLA! CANTAS GANAS TIÑA EU DE FALAR CONTIGO foi un traballo que tamén partiu do noso PDI Burela sen Fronteiras e se realizou íntegramente como colaboración coas familias.

Esta proposta de traballo plantexaba celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Un día para recordar que precisamos continuar traballando para eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres polo simple feito de selo e en calquera ámbito. 

Pedímoslles ás nosas familias que, xunto cos seus fillos, pensasen nunha muller procedente dalgúns países estudados no proxecto (Ghana, Perú, España, Indonesia, Polonia e Cabo Verde) coa que lles apetecese ter unha conversa ou facer unha entrevista. Proporcionámoslles unha plantilla sobre a que traballar e pedímoslles que escribisen o seu traballo e o ilustrasen. 

Estamos moi agradecidos polos traballos recibidos e a implicación das nosas familias e o noso alumnado. Cremos que estas actividades son unha maneira fantástica de traballar a escritura, a creatividade, a investigación; unindo o centro educativo coa casa e fortalecendo as relacións das familias coa escola.

Estas foron as instruccións que lles enviamos:


E estes os marabillosos traballos que recibimos:



sábado, 23 de maio de 2026

BEGOÑA CAAMAÑO. LETRAS GALEGAS

 O noso alumnado colaborador de biblio preparou unha exposición para poder coñecer mellor a Begoña Caamaño (escritora á que se adican as Letras Galegas este 2026) e outras autoras/es galegas/os. Foron animando nos recreos ao alumnado a que se achegara a ler algunha cousiña de Begoña e falar dela. Grazas colaborado@s.




OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS

 Para continuar as conmemoracións arredor do Día do Libro e para continuar motivando ao noso alumnado para mergullarse no mundo da lectura e na cultura dos países estudados no noso proxecto, decidimos facer un obradoiro de marcapáxinas.

Ofrecimos ao alumnado anotado ao obradoiro carteis con información e exemplos de deseño tradicionais e populares de cada un dos países para que se inspirasen na decoración do marcapáxinas. Os exemplos ofrecidos ían dende deseños tradicionais en teas (para vestir, patróns de refaixo galego, estampados menorquines, tea Kente ghanesa, estampados Caboverdianos, estampado Quechua...), ata azulexo, ovos de pascua, cerámicas, etc.






EXPOSICIÓN 'BURELA SEN FRONTEIRAS' PARTE 2

 Abrimos a segunda parte da exposición dos nosos traballos relacionados co noso PDI 'BURELA SEN FRONTEIRAS' os últimos días de maio. Estes traballos mostráronse máis tarde debido á falta de espazo para poder ubicalos todos xuntos. 

Nesta segunda mostra as aulas baixaron aqueles produtos feitos de tarefas e investigacións relacionadas con : Perú, España e Ghana. Algúns traballos continuaron dende a exposición anterior pois algunhas aulas decidiron traballar dous países de maneira simultánea e facer traballo conxunto para a exposición.

A exposición estivo formada por traballos feitos por alumnado de todo o cole e dende diferentes materias e/ou áreas de coñecemento. Esta exposición puido disfrutala todo o alumnado en horario de mañá e as familias e comunidade educativa en horario de tarde de 15:30 a 17:30.




























LAS VOLADORAS

 O segundo título que limos no 'Club de Carmiña' de adultos fo a novela 'Las voladoras' de Mónica Ojeda. Unha novela diferente, ambiciosa e dura que non deixou a ninguén indiferente.



REFORMA 2

 A reforma durou varias semanas. 

Retiráronse tódolos libros dos estantes e aproveitamos para empezar a ordenalos seguindo un novo sistema.

A nosa biblio tiña os títulos colocados por coleccións e editoriais. O equipo de biblio, coa axuda da nosa asesora de bibliotecas, optou por modificar este sistema e pasar a ordenar os títulos por orde alfabética.

Foi un traballo que parecía non rematar nunca pois, coa decisión dímonos conta de que moitos títulos da nosa biblio precisaban tamén de novos tellos. O traballo de ordenar, facer novos tellos e revisar libro a libro levou varias semanas mais consideramos que pagou a pena.

Agora é moito máis doado atopar un libro e saber onde debe ir colocado.




REFORMA 1

 Chegaron por fin os traballos de carpintería e tódalas pezas que forman a nosa nova estantería en forma de L. Todo isto ocurriu durante as vacacións de Nadal. Carmiña e varias axudantas traballaron moito para que todo fose o máis rápido posible e poder volver a ter a nosa biblio operativa no menor tempo posible.






DECORACIÓN

 O noso equipo de axudantes de biblio non só se encargan de facer empréstito, devolucións, colocar, ordenar, aconsellar... senón que teñen grandes ideas e son moi artistas deixando a biblio de Carmiña de punta en branco. Este curso tamén tivemos adornos de nadal relacionados cos países.



RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Estas foron as recomendacións lectoras da nosa Carmiña para o Nadal.

recomendacións



sábado, 16 de maio de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS.


 O día 13 de outubro celebrouse a X edición do  Día das Escritoras e a nosa Carmiña preparou unha mostra de moitos dos títulos que temos na nosa biblio de escritoras que paga moito a pena ler. Cada ano imos preparando máis expositores coma este que axudan ao alumnado a descubrir os nosos fondos e achegalos a novas lecturas.





 



XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 Formámonos para aprender e poder ofrecer ao noso alumnado unha bilbioteca adaptada ao noso centro e alumnado, actualizada, completa, accesible e atractiva. Por iso estivemos o 15 de novembro na Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia.






martes, 25 de novembro de 2025

PDI "BURELA SEN FRONTEIRAS".

 Despois dun curso no que descubrimos o motivo polo que ao noso cole, que se chamaba CEIPP Virxe do Carme, popularmente se lle coñecía como o colexio dos 'Castros', e de mergullarnos de cheo na cultura castrexa e no pasado da nosa vila, este anos decidimos entender mellor o noso presente. 

Vivimos nunha Burela moi diferente á castrexa, unha Burela multicultural. Abarcar tódalas nacionalidades presentes na nosa vila é unha tarefa moi ambiciosa así que optamos por escoller entre aqueles lugares do mundo máis significativos para o noso alumnado e que teñen unha importante presencia en Burela. Foi así como xurdíu a idea de proxecto, para coñecer mellor os lugares de orixe dos nosos compis e/ou das súas familias. Queremos saber e queremos coñecer moitas cousiñas e escoitar moitas historias de países lonxanos. A través de este PDI "Burela sen fronteiras" coñeceremos diferentes aspectos da cultura de doce países. Durante este curso traballaremos seis de eles: España, Perú, Cabo Verde, Indonesia, Polonia e Ghana. 

Agardamos que vos animedes a participar nas actividades que vaian xurdindo e que vos resulte interesante o noso traballo.

 


domingo, 23 de novembro de 2025

O DÍA DAS BIBLIOTECAS NO COLE DOS CASTROS

 O 24 de outubro é o Día das bibliotecas, unha data moi especial. 

Así que nos celebrámolo como ben merece. Presentamos o noso novo proxecto ao alumnado "Burela sen fronteiras", un proxecto que terá unha duración de dous cursos escolares. Tamén aproveitamos a efeméride para poñer a circular as mochilas viaxeiras e tódolos grupos visitan a nosa biblio para coñecer as sorpresas e novidades que lles ten preparadas Carmiña.

Non esquecemos o lema e, por suposto, unímonos á loita contra a desinformación, poñendo en valor os libros e os lugares que os acollen; sen esquecer a importancia do acceso á lectura e a poder/saber ler. Para isto axudounos durante esta xornada tan especial o libro "O lapis máxico de Malala".










     

-------------------------------