miércoles, 29 de junio de 2016

GRAN ÉXITO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Un ano máis chegamos ao remate do curso. Que axiña pasou!! Non queremos despedirnos sen facer unha especial mención ás MOCHILAS VIAXEIRAS, que cada ano gustan máís aos nosos nenos e nenas.
É unha gran satisfación para este equipo de biblioteca que ao recoller os cadernos viaxeiros leamos cousas coma estas, que corresponden á mochila de 5ºB:

"Gustoume todo o que tiña a mochila, pero o que máis foi:"A escola dos piratas" e "Nata y chocolate". (Familia Vizoso López) 


"A mín gustoume moito o contido da mochila deste ano. Sobre todo os libros "Pupihistoria de la humanidad " Sí poesía" e " Mortadelo e Filemón" (Familia Saa del Río)      


Gustoume moito "Sí, poesía"  e "Mortadelo e Filemón"   Gustaríame que houbese máis poesía e ter máis tempo a mochila"    (Familia Ramos Cuba)  

Gustoume moito a película de "Willy Fog" (Familia Pernas Martínez)

" Me ha gustado "Sí poesía " y The Chad Room", pero lo que más me ha gustado y que me ha dado más risa es Mortadelo y Filemón"(Familia Pereiro Semedo)

"Los libros son muy chulos, interesantes y entretenidos" (Familia Fernández)

"Me ha gustado mucho el libro The Chat Room", pero el que más me ha gustado es "Nata y chocolate" y "Sí poesía"(Familia Pereira Lopes)







                                                                                                                               

domingo, 26 de junio de 2016

DONACIÓN DE LIBROS E NENA MOI LECTORA

A alumna KAI QUELLE fixo á biblioteca unha donación de libros moi interesantes e en moi bo estado. Moitas grazas, Kai!!


A alumna de 4ºA, LUNA ALONSO é unha gran lectora e leu polo menos seis libros da biblioteca por iso recibíu un diploma. Noraboa, Luna!!

miércoles, 22 de junio de 2016

VISITOUNOS O AVÓ DE PABLO

Hoxe veu á aula de 4º B Victor Romo, avó de Pablo Rivas Romo. Esta visita encádrase dentro do proxecto proposto dende a biblioteca escolar do centro de implicar ás familias do alumnado nas actividades que se programan. O avó de Miguel veu contarnos algo sobre a súa apaixoante vida. Xa que naceu na provincia de Salamanca, logo vivíu en Avilés para rematar en Burela onde leva xa moitos anos xunto á súa familia.

Os nenos e nenas aprenderon entre outras cousas onde está Palencia de Negrilla, que o nome ten que ver coa árbore chamada "negrillo", aprenderon o que significaba antiguamente "facer a mili", etc...etc..

Grazas, Victor.







martes, 21 de junio de 2016

DIPLOMAS AOS MÁIS LECTORES

Hoxe rematamos de entregar os diplomas os nenos@s que leron polo menos seis libros da biblioteca durante este curso que remata.

lunes, 20 de junio de 2016

A MAMÁ DE SARA VEU CONTARNOS CONTOS

A pasada semana veu Sofía, a mamá de Sara, a nosa aula a contarnos tres preciosos contos. Esta actividade enmárcase dentro das  propostas dende a biblioteca escolar do centro. Quixemos implicar ás familias para que, fomentando a lectura, se achegaran á escola. Recibímola encantados e ela contounos uns contos que contiñan todos unha ensinanza. Logo estableceu co alumnado unha conversa sobre os mesmos.
Foi unha sesión ben proveitosa!
Grazas, Sofía







sábado, 18 de junio de 2016

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Aquí tedes a guía de lecturas de cara ao verán.

 Hai libros para E. Infantil e Primaria en galego, castelán e inglés.

Procuramos elaborar unha guía o máis completa posible. 

Atoparedes nela libros publicados xa hai uns anos e outros que son novidades que acaban de saír ao mercado.

Oxalá vos serva de proveito.

Xa sabedes: "NO VERÁN, UN LIBRO NA MAN"


jueves, 9 de junio de 2016

REVISTA NORDÉS 2015/2016

Aquí tedes un ano máis a revista NORDÉS cargada de novidades, celebracións, viaxes, poesías, contos...e moito máis!!!

E. INFANTIL E A GALIÑA DE MOS

Dentro do proxecto proposto dende a biblioteca para este curso, FAUNA GALEGA E. Infantil elexiu a galiña de Mos para traballar.
Fixeron un fermoso traballo que plasmaron nun gran mural despois de traer dúas galiñas e ovos á aula.
Un traballo excepcional!! 
-------------------------------