miércoles, 30 de marzo de 2016

A CONTACONTOS MARÍA

María é unha contacontos que nos visitou hoxe. En colaboración coa editorial Hercules, viaxou dende Pontevedra e fixo as delicias dos nenos e nenas de E. infantil e 1º e 2º niveis. E tamén dos mestres e mestras que alí estabamos!!
María contoulles o conto A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ e ademais cantou, bailou...implicándose moito cos nenos e nenas e tamén cos profes!!!

MARÍA, ACTUANDO:










OS NENOS/AS:


OS PROFES









DÍA DA POESÍA

Aínda que o 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, estabamos de vacacións de Semana Santa, non nos esquecemos á volta de celebrar esta data. E como? Pois fomos á biblioteca, escollemos libros de poesía de distintos autores/as tanto en galego como en castelán. Lemos algúns poemas e despois copiaron e debuxaron algúns.
Aí vai unha pequena mostra do ben que quedaron:













miércoles, 23 de marzo de 2016

jueves, 17 de marzo de 2016

FOMENTO DA LECTURA

Hoxe recibín como encargada da biblioteca unha grandísima alegría. Penso que a misión primordial dunha biblioteca é ofrecer lecturas e crear novos lectores e lectoras. Na creación de novos usuarios da biblioteca escolar teñen moitísimo que ver os titores e titoras. É misión nosa tratar de despertar no noso alumnado o gusto pola lectura. 
Cando se enchen as mochilas viaxeiras, aló polo mes de outubro, as lecturas que as compoñen van orientadas segundo a idade dos rapaces e rapazas. A titora de 5º B considerou que as lecturas que conformaban a mochila viaxeira non eran axeitadas para certos alumnos que tiñan algunhas dificultades lectoras e que tamén querían levar a mochila, polo que solicitou da biblioteca unha nova  con lecturas axeitadas para eles.
Isto si que é fomentar a lectura!! Dende o equipo de biblioteca queremos dar a noraboa a Concha pola iniciativa e por fomentar deste xeito a lectura entre o seu alumnado.


Estes foron os libros que levaron, axeitados para eles:





-------------------------------