lunes, 31 de octubre de 2016

RESOLUCIÓN DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016/17

O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos de funcionamento. 
As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario", derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%, segundo as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos. 
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o total de centros integrados neste "rede de bibliotecas escolares" que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros, coa seguinte distribución:  
O Plan de mellora de bibliotecas escolares beneficia directamente a uns 181.600 alumnos e alumnas e ás súas familias e nel están integrados, tomados no seu conxunto, o 54% dos centros públicos galegos.
  O texto da resolución AQUÍ

sábado, 29 de octubre de 2016

UN SAMAÍN DE CONTO!!

No noso centro ademais de ambientar as aulas e pasillos con motivos do Samaín tamén quixemos que os nenos e nenas desfrutasen de contos propios desta data: contos de medo.
Deste xeito e dentro do fomento da lectura e da actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR, os nenos e nenas de sexto nivel leron o conto "A BRUXA DO DENTE" en E. Infantil e mesmo a mestra que coordina Dinamización Lingüística se sumou á actividade, lendo contos de Anxel Fole e Antonio Reigosa.
Foi un Samaín lector!!
 

FORMACIÓN DE USUARIOS

Como nos demos conta de que hai alumnado e mestres que teñen dúbidas sobre algúns aspectos do funcionamento da biblioteca, elaboramos unha guía de usuarios.
Repartiremos unha por aula e quedarán varias na biblioteca a disposición de quen o precise. Agardamos que sirvan de axuda.

Publish at Calameo

  Para celebrar que o día 24 de outubro era o día das bibliotecas, o alumnado de 3ºB, que saben moi ben o seu funcionamento, fixeron unha formación de usuarios oral e escrita que ides ver!!


miércoles, 26 de octubre de 2016

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE

Traemos un libro imprescindible nunha biblioteca escolar. "Los fantásticos libros voladores del SR. Morris Lessmore" É un precioso libro que rinde homenaxe aos libros e ás bibliotecas.
Inspirado na curtametraxe ganadora dun Óscar en 2011.
Que mellor maneira que celebrar o día das bibliotecas (24 de outubro) que coa lectura deste libre e o visionado da curtametraxe?

 

sábado, 22 de octubre de 2016

CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE

Este curso imos traballar dentro do proxecto da biblioteca escolar  "A NOSA COMARCA". Por este motivo amosamos uns vídeos de distintos concellos:
 BURELA:















CERVO:


























RIBADEO:





























LOURENZÁ 


















FOZ











 MONDOÑEDO



MONDOÑEDO

viernes, 21 de octubre de 2016

PROXECTO DA BIBLIOTECA PARA ESTE CURSO

Durante este curso 2016/2017 aprobouse en claustro traballar no proxecto "A NOSA COMARCA".
Cada nivel investigará sobre un cocello da Mariña lucense. Será un proxecto bianual por tratarse de 15 concellos e non poder abarcalos todos nun mesmo curso escolar.

Traballaremos os concellos de Foz, Burela, Lourenzá....etc.


BIBLIOTECA ESCOLAR-TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

HIPERPATERNIDADE

Indicado para pais e mestres/as, xa dispoñemos deste libro  no Departamento de Orientación do noso centro. Escrito por Eva Millet e publicado por Plataforma Editorial trata un tema moi de actualidade. Aquí vai o argumento:

"Se ha pasado de una época en que los hijos eran tratados casi como un mueble más de la casa, a los que se les hacía poco caso y que se criaban solos, a colocar a los niños en el centro de la vida familiar. Este modelo de crianza, lejos de conseguir personas maduras, autónomas y desenvueltas, genera niños hiperprotegidos e inseguros. El libro da consejos para escapar de este modelo y disfrutar de una paternidad más serena y relajada."


martes, 11 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están tódalas mochilas viaxando polos fogares das familias do alumnado que se anotou a esta actividade.

As mochilas levan de todo: libros en galego, en inglés, en castelán. Todas levan a revista que se elaborou o curso pasado no cole e algunhas levan outras como Reportero doc, Caracola...

Tamén levan libros que polo seu tamaño e /ou custo económico non acostuman a levarse en préstamo.

Algunhas levan DVD con películas, música...

A desfrutar do contido das mochilas!!


jueves, 6 de octubre de 2016

OLA DE NOVO

Aquí estamos outra vez!! Dende a biblioteca do CEIP Virxe do Carme damos a benvida a un novo curso escolar. Non quere dicir que empecemos hoxe a traballar, non. Empezamos xa hai un mes. Nas bibliotecas escolares, o comezo do curso é unha das épocas que supoñen máis carga de traballo: revisar fondos editoriais, adquisición de outros, ordenar andeis, recolocar rótulos, preparar mochilas viaxeiras, carnets para novos lectores e lectoras....

Todo vai xa encamiñado e hoxe tivemos a apertura da nosa biblioteca para o alumnado de 1º nivel. Baixaron á biblioteca acompañados/as polas súas titoras Ana e Alicia. Alí recibíunos Carmiña, a nosa mascota, escoitaron un conto de como a tartaruga chegou ao noso cole, falamos das normas que hai que cumplir na biblioteca e recibiron os seus novos carnets para poder realizar os préstamos de libros.
 Benvidos/as nenos e nenas de 1º nivel!!


CARMIÑA ESTABA ESPERANDO PARA DARLLES A BENVIDA:





NA BIBLIOTECA:


 COS NOVOS CARNETS:




-------------------------------