O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro pola
que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas
escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos
para o curso 2016/2017. A resolución detalla as contías asignadas a cada
centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de
permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta
convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos,
mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos
de funcionamento.
As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario",
derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%,
segundo as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos.
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o
total de centros integrados neste "rede de bibliotecas escolares" que
constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros, coa seguinte
distribución:
O Plan de mellora de bibliotecas escolares beneficia directamente a uns
181.600 alumnos e alumnas e ás súas familias e nel están integrados,
tomados no seu conxunto, o 54% dos centros públicos galegos.
O texto da resolución AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario