martes, 21 de abril de 2026

MIS AMIGOS MONSTRUOS

 Disfrutando coas lecturas.

Durante o primeiro trimestre o alumnado de Educación Infantil disfrutou coa lectura de 'Mis amigos monstruos' 

A profe Tamara contounos o conto que disfrutamos coa luz negra e despois fixemos os nosos propios monstros empregando diferentes materiais. Sen dúbida foron unhas actividades nas que aprendimos e disfrutamos a partes iguais. 








AVENTURAS DENDE MARLANDIA

 Recibimos a visita do Tenente de alcaldesa Mario Pillado na nosa biblioteca pois veu a entregarnos dous exemplares da obra infantil "Aventuras dende Marlandia: Patrulla Mariña ao encontro". 

Esta iniciativa foi posible grazas aos exemplares enviados pola @marxunta. 




domingo, 19 de abril de 2026

INVESTIGACIÓN

 Como iniciamos a fase de investigación do noso PDI Burela sen fronteiras? Pois da mellor maneira, facéndonos preguntas e empezando a buscar e pedir información.

Por iso comezamos solicitando información a diferentes embaixadas, consulados e oficinas de turismo a través de correos e lectrónicos e moitas cartas.

Aprendimos a redactar correos electrónicos e tamén a escribir cartas. As cartas enviámolas por correo e aproveitamos para coñecer o día a día na oficina de correos da nosa vila e o traballo que realizan. Recibiremos resposta?






INDONESIA

 INDONESIA.

Sobran motivos para estudar un país tan interesante como Indonesia, mais, por que decidimos incluílo no noso PDI Burela sen fronteiras? Pois porque moitas veces nos preguntamos de onde procede moita da xente que traballa na pesca no noso pobo, compañeiros de traballo de familiares do  noso alumnado. Queriamos saber como é o lugar do que proceden. Ademáis diso, estudar Indonesia era a excusa perfecta para poñernos en contacto coa nosa amiga Assila e que de primeira man ela nos contase moitas cousiñas do seu país. Assila era a nosa compi ata fai pouquiños meses, e agora vive en Indonesia. Botámola moito de menos.

Os seus antigos compis puxéronse mans á obra para poñerse en contacto con ela e a súa familia e así iniciar a fase de investigación. Comezamos a traballar escribindo cartas.






-------------------------------