O noso alumnado colaborador de biblio preparou unha exposición para poder coñecer mellor a Begoña Caamaño (escritora á que se adican as Letras Galegas este 2026) e outras autoras/es galegas/os. Foron animando nos recreos ao alumnado a que se achegara a ler algunha cousiña de Begoña e falar dela. Grazas colaborado@s.
sábado, 23 de maio de 2026
domingo, 8 de xuño de 2025
CANTAREIRAS, LETRAS GALLEGAS.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
É unha celebración colectiva, con ela quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que nos leva acompañando dende sempre, e facéndoa presente noutras figuras máis recentes como Mercedes Peón, o grupo Leilía, Xabier Díaz e as Abufeiras ou as Tanxugueiras.
O grupo de cantareias 'As Grileiras', pertencentes á asociación cultural Ledicia de Burela, visitaron o noso colexio durante dúas xornadas inesquecibles. A temática das letras galegas fixéronnos querer saber máis destas mulleres, as cantareiras, que ao longo dos anos foron transmisoras e conservadoras da lírica oral e da nosa tradición popular. Un traballo e unha labor que se veu recoñecida este 17 de maio.
As Grileiras: Maite, Marta e Lola estiveron con todo o alumnado do noso cole durante dúas xornadas moi intensas e trouxeron con elas un legado que nos souberon transmitir con moito cariño. Faláronnos: das cantareiras, da súa labor, das recollidas, do traxe tradicional galego, dos instrumentos e moitas cousas máis. Tivemos a oportunidade de escoitalas e de cantar con elas. Incluso de crear unha copla de despedida!
Grazas Grileiras por esta visita que nos encheu os corazóns.
LETRAS GALEGAS 2025
No noso cole o festival de fin de curso vai sempre da man da celebración das letras galegas.
Este ano, adicado ás cantareiras, non podían faltar a música tradicional e as pandeiretas. Estamos moi agradecidos de poder contar no noso festival coa colaboración do grupo de cantareiras 'As Grileiras' pertencentes á asociación cultural Ledicia de Burela, Jose García (saxofonista e mestre en varias Escolas de Música) e Bruno Pedre (violonchelista e mestre).
Foi un gran festival no que disfrutamos moito e nos despedimos do noso alumnado de 6º curso que dentro de moi pouquiño comeza unha nova etapa e aos cales lles desexamos moita sorte. Durante o festival entregamos os premios á portada e á contraportada do noso xornal 'Nordés' e tamén aproveitamos esta celebración tan emotiva para facerlles a entrega dun agasallo á nosa directora Pepa e á profe Pili que este ano se xubilan e ás que tamén lles desexamos o mellor.




























