Hoxe recibín como encargada da biblioteca unha grandísima alegría. Penso que a misión primordial dunha biblioteca é ofrecer lecturas e crear novos lectores e lectoras. Na creación de novos usuarios da biblioteca escolar teñen moitísimo que ver os titores e titoras. É misión nosa tratar de despertar no noso alumnado o gusto pola lectura.
Cando se enchen as mochilas viaxeiras, aló polo mes de outubro, as lecturas que as compoñen van orientadas segundo a idade dos rapaces e rapazas. A titora de 5º B considerou que as lecturas que conformaban a mochila viaxeira non eran axeitadas para certos alumnos que tiñan algunhas dificultades lectoras e que tamén querían levar a mochila, polo que solicitou da biblioteca unha nova con lecturas axeitadas para eles.
Isto si que é fomentar a lectura!! Dende o equipo de biblioteca queremos dar a noraboa a Concha pola iniciativa e por fomentar deste xeito a lectura entre o seu alumnado.
Estes foron os libros que levaron, axeitados para eles:
Ningún comentario:
Publicar un comentario