O alumnado do noso centro participou no concurso 'Que árbore é?' organizado por @gaia_concello_de_burela con motivo da celebración do día dos bosques.
Moitos parabéns para a aula de 5ºA que resultou gañadora do concurso. O alumnado recibiu con moita ilusión o seu diploma e logo prantaron unha nova árbore no noso patio, un carballo.
A aula escolleu esta árbore por estar relacionada co noso proxecto 'Os Castros, un nome misterioso', pois sabemos da presenza de carballos na etapa castrexa e tamén que empregaban as landras para elaborar fariñas.
O alumnado da aula percorreu tódalas aulas do cole para explicar a súa decisión ao resto das compañeiras e compañeiros do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario