Recordar a figura de Rosalía de Castro é un acontecemento obrigado dentro da programación escolar, pola importancia da súa figura e dos seus escritos.
O noso cole participou xunto co CEIPP Vista Alegre de Burela e a Escola Municipal de Música nunha sentida homenaxe celebrada na Casa da Cultura de Burela na que se leron e musicaron varios dos seus poemas.💕
O noso cole participa nunha homenaxe a Rosalía de Castro.
Mais no noso cole quixemos homenaxeala de novo xuntando a todo o alumnado para a ocasión do día da nosa gran poeta. Aquí tedes a nosa xuntanza musical.
Pero as celebracións do día de Rosalía aínda se extenderon máis coa organización dun obradoiro de cociña! Así que nos puxemos mans á obra para cociñar uns doces moi moi especiais. Como Bonitiño andaba atento, Carmiña soubo seguir ben os seus consellos e decidiu empregar fariña de castaña. Parece ser que os castrexos empregaban fariña de landra pero ante a imposibilidade de conseguila decidimos que a de castaña sería unha boa substitución pois é nutritiva, deliciosa e tamén procede dunha árbore que leva séculos na nosa contorna.
A profe Elena, de 6ºB obsequionos cunha receita mellorada e o seu alumnado traballou con moito agarimo a masa e os poemas de Rosalía. Cada paquetiño levaba versos de Rosalía e un laciño coas cores máis representativas da nosa comunidade. Estaban boísimas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario