venres, 6 de xuño de 2025

CLUBS DE LECTURA

 Os clubs de lectura principais deste segundo trimestre foron os celebrados ao redor dunha novela de Ledicia Costas titulada 'Conexión macarrón' e outra novela de Lois Pérez titulada 'A tribo do mar'. 

Ambos clubes se celebraron na biblioteca do centro aproveitando uns minutiños do tempo de lecer xunto coa hora de ler os martes e os mércores.

A experiencia foi fantástica nos dous clubes.  A novela de Ledicia Costas provocou moitas risas e falamos moito de: macarróns, utensilios de cociña, extraterrestres, amizades... e ata diseñamos un paraugas perfecto que gustase a tódolos nenos e nenas.

A novela de Lois levounos a falar de experiencias moi duras, de inmigración, das novelas epistolares e corais, do abuso, a crueldade, a esperanza, as dificultades e tamén a frivolidade. Pero como o personaxe que máis nos chegou ao corazón foi Alexandra pois iso deunos pé a falar moito de fútbol sala e das guerreiras laranxas da nosa vila, Burela. Aprendimos moitísimo dunha parte de África, do arquipélago de Cabo Verde, da ansiedade, os nervios e a autoesixencia. Sen dubida foi unha novela á que non foi doado chegar pero que deixou unha pegada importante en nos.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

-------------------------------