Amosando publicacións coa etiqueta MOCHILAS VIAXEIRAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MOCHILAS VIAXEIRAS. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de novembro de 2024

Día das bibliotecas escolares.

 O pasado 24 de outubro foi un día moi especial no noso colexio pois tivemos celebración por partida dobre, o dia das bibliotecas escolares e o magosto. Menuda xornada!

Carmiña andou argallando moitas cousiñas dende o inicio de curso e unha delas foi unha recolocación dalgúns mobles da biblioteca para intentar facer un espazo máis amplo para ler, traballar e argallar cos materiais tan interesantes que temos na nosa biblio.

Mais outra das cousas que andou a argallar segue sendo un misterio! Pediulle a todo o alumnado de primaria que pensase ben o título dun libro que fose especial, moi especial para cada un deles e pediulles que o trouxeran escrito nun anaquiño recortado especialmente para a ocasión. E tamén lles pediu que, mentras se concentraban durante días nas horas de ler, escribisen palabras que lles chamasen a atención nunhas tiras amarelas, preparadas tamén previamente. Que fará Carmiña con todo iso? Pois, de momento, non o sabemos.

Durante a xornada do 24 de outubro a nosa biblio abriu oficialmente as súas portas e recibiu con ledicia ao alumnado de primaria e sexto de infantil. Os grupos foron achegándose á biblioteca por turnos para observar os cambios na biblio, recoller as súas mochilas viaxeiras e pasar un ratiño con Carmiña, que ata se animou a ler algún conto!

Que ben o pasamos! As axudantes de Carmiña recolleron o material que esta lles solicitara e explicaron algunha que outra novidade referente ás mochilas viaxeiras pois sabedes que? Entre outras novidades, agora cada mochila leva un pequeno xogo para que vos divirtades xuntiños nas vosas casas.

Aquí vos deixamos un recordo dese día.












martes, 26 de setembro de 2017

PARTEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso, as mochilas viaxeiras saen algo antes para as casas dos nenos e nenas para que lles dea tempo de levalas a todos e de ler o seu contido e é que levan algo de todo: libros de inglés con CD para escoitar, revistas, cómics, libros de información diversa : animais, espacio, mitoloxía....narrativa en castelán, en galego...
A desfrutalas moito!!! 

 

martes, 11 de outubro de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están tódalas mochilas viaxando polos fogares das familias do alumnado que se anotou a esta actividade.

As mochilas levan de todo: libros en galego, en inglés, en castelán. Todas levan a revista que se elaborou o curso pasado no cole e algunhas levan outras como Reportero doc, Caracola...

Tamén levan libros que polo seu tamaño e /ou custo económico non acostuman a levarse en préstamo.

Algunhas levan DVD con películas, música...

A desfrutar do contido das mochilas!!


xoves, 15 de outubro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, a nosa biblioteca empezou a repartir as mochilas viaxeiras. Empezamos cos cursos de 1º, 2º e 3º e logo tocoulle a 4º, 5º e 6º. Dentro das mochilas vai material diverso que pretende ser do agrado de tódolos alumnos/as que decidiron participar nesta actividade: contos en castelán, galego e inglés(neste último idioma acompañados dun CD), un cómic, un libro de divulgación sobre animais, universo... un DVD e a revista do colexio do curso pasado  que, como saiu en xuño, moitos nenos/as aínda non viron. Tamén leva a mochila un "caderno viaxeiro" para que cada un escriba ou debuxe algo relacionado co contido do material que leva, para que aporte suxerencias...
Agardamos que como en cursos anteriores, a mochila viaxeira sexa todo un éxito!!

venres, 1 de maio de 2015

EMPEZAN A CHEGAR DE VOLTA AS MOCHILAS VIAXEIRAS



As primeiras mochilas viaxeiras xa empezan a voltar á biblioteca de onde sairon aló polo mes de outubro.
É o segundo curso que rodan por toda a Primaria e...estamos realmente encantados!! A acollida, a valoración por parte dos nenos e nenas e das familias non pode ser máis positiva. Isto anima ao equipo de biblioteca a seguir nesta liña o vindeiro curso.
Aquí tedes os comentarios sacados dos cadernos viaxeiros:
   

6ºB






5º B



venres, 26 de setembro de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os nenos e nenas de Primaria que elexiron, xunto coas súas familias, participar na actividade de fomento da lectura "MOCHILAS VIAXEIRAS", recolleron onte e hoxe o material na biblioteca do colexio. 
O equipo da biblioteca desexamos que desfruten moito co contido das mochilas.

 Mirade que contentos ian!










sábado, 10 de maio de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 5º B e 6º B

O equipo da Biblioteca estamos moi contentos porque estamos a recoller os cadernos viaxeiros que ían coas mochilas e vemos que vós resultou moi interesante o proxecto, todos e todas vos amosades moi satisfeitos e calificades a experiencia como moi positiva. Isto anímanos a continuar en vindeiros cursos coa experiencia. Tamén tomamos nota das suxerencias que aportades. Terémolas en conta!!

xoves, 8 de maio de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 6º A

Estanse a recoller as mochilas viaxeiras que, durante este curso, levou todo o alumnado de E. Primaria. Segundo os comentarios que os alumnos e alumnas fixeron, foi unha experiencia que lles gustou moito. Aqui tedes os comentarios de catro alumnos/as de 6º A, recollidos no caderno que acompañaba as mochilas.










sábado, 9 de novembro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin as mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina. Este curso chegarán ás casas dos nenos e nenas de toda a Primaria. Desexamos que todas as familias disfruten do seu contido.







-------------------------------