O 24 de outubro foi moi especial,celebramos o " día das Bibliotecas Escolares".
A nosa mascota Carmiña recibíu a visita dos alumnos de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria.
Escoitaron moi atentos o conto da Tartaruga dos Castros e gustoulles moito coñecer a Carmiña, que lles propuxo para este curso a actividade "que é para ti un orador?"Os nenos respondéronlle cun traballo de plástica para reflexionar sobre as cualidades dun bo orador.
Mirade que ben quedou!
Ningún comentario:
Publicar un comentario