sábado, 19 de marzo de 2011

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

O luns, día 21 de marzo conmemorase o DÍA DA POESÍA
Para poder traballar nesta data tan significativa presentamos estas obras:

Fafarraios de Gloria Sánchez
Conxunto de 33 poemas cun denominador común:a comunicación cos primeiros lectores a partir do xogo.
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras, ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O libro vai acompañado dun CD con seis cancións con música de Xurxo Souto.
Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo.

 


E tamén o DÍA da ÁRBORE.
Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore. Tamén podedes ver este videoconto:

1 comentario:

  1. Benvid@s á blogosfera. A nosa mascota RAIOTECA envia un agarimoso saúdo a CARMIÑA DOS CASTROS.

    ResponderEliminar

-------------------------------