Pinto&Chinto. Ed. xerais 2016
Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos
de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha
reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña
Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.
Se ademais de divertir a intención do libro era a de xerar preguntas e,
dalgún xeito, cuestionar as razóns pola que as cousas son como son
promovendo a capacidade crítica das persoas, e facelo cun sorriso na
boca, creo que este é un
libro a ter moi en conta (http://blog.xerais.gal)
CATRO CASCAROLOS
Marilar Aleixandre. Ed. Xerais 2016
Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar.
Este conto, magnificamente ilustrado, trata como tema transversal o tema do medio ambiente dende o aspecto dos espazos naturais que van perdendo as cidades .

Ningún comentario:
Publicar un comentario