martes, 31 de xaneiro de 2017

CÁMBIACHE O CONTO. CATRO CASCAROLOS

CÁMBIACHE O CONTO
Pinto&Chinto. Ed. xerais  2016
Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.

Se ademais de divertir a intención do libro era a de xerar preguntas e, dalgún xeito, cuestionar as razóns pola que as cousas son como son promovendo a capacidade crítica das persoas, e facelo cun sorriso na boca, creo que este é un 
libro a ter moi en conta (http://blog.xerais.gal) 






 CATRO CASCAROLOS
Marilar Aleixandre. Ed. Xerais   2016

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar.

Este conto, magnificamente ilustrado, trata como tema transversal o tema do medio ambiente dende o aspecto dos espazos naturais que van perdendo as cidades .

Ningún comentario:

Publicar un comentario