Entre as actividades programadas para a celebración do Día do Libro e das Letras Galegas estaba a visita dun escritor; por iso, hoxe estivo cos nenos e nenas de 4º e 5º de Primaria Xosé Miranda. Foi unha sesión moi animada na que o autor contou moitas e divertidas historias e os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas.
xoves, 28 de abril de 2011
domingo, 10 de abril de 2011
VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os alumnos e alumnas de 5º viaxaron a Santiago de Compostela o pasado día 6 de abril. Visitaron o Parlamento de Galicia, fixeron un percorrido polas rúas de Santiago ata a catedral e pola tarde, foron ao MUPEGA (Museo pedagóxico de Galicia). Foi unha viaxe moi interesante, pasárono moi ben e aprendenderon moitas cousas.
ENCONTROS PLAMBE EN SANTIAGO
D. Xosé Neira Vilas, que fixo unha lembranza da súa nenez, da emigración, da súa vida... destacando as súas experiencias como lector-escritor e facéndonos recordar a figura de Balbino, protagonista de "Memorias dun neno labrego", do que se está a celebrar os cincoenta anos da súa publicación.
xoves, 7 de abril de 2011
XORNADAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mañá, venres día 8, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela terá lugar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, nos que participaremos os responsables das 374 bibliotecas integradas neste programa.
Este Plan iniciouse en 2005 e nós participamos desde 2010.
Nesta xuntanza falarase de lectura, poesía, banda deseñada... e compartiremos experiencias con outros centros para mellorar a competencia lectora.
Pódense seguir as sesións plenarias en directo a través da páxina da Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.
luns, 28 de marzo de 2011
2 DE ABRIL: Día INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Nesta data conmemórase o día do LIbro Infantil porque foi a do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos infantís coma: "O parrulo feo", "La sirenita", "Las zapatillas rojas"...
Aquí podes ver e escoitar un dos seus contos: "Los cisnes salvajes"
Aquí podes ver e escoitar un dos seus contos: "Los cisnes salvajes"
sábado, 19 de marzo de 2011
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
O luns, día 21 de marzo conmemorase o DÍA DA POESÍA
Para poder traballar nesta data tan significativa presentamos estas obras:


E tamén o DÍA da ÁRBORE.
Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore. Tamén podedes ver este videoconto:
Para poder traballar nesta data tan significativa presentamos estas obras:
Fafarraios de Gloria Sánchez
Conxunto de 33 poemas cun denominador común:a comunicación cos primeiros lectores a partir do xogo.
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras, ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O libro vai acompañado dun CD con seis cancións con música de Xurxo Souto.
Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo.


E tamén o DÍA da ÁRBORE.
Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore. Tamén podedes ver este videoconto:
martes, 15 de marzo de 2011
ANIMACIÓN Á LECTURA
O pasado 3 de marzo os nenos e nenas de E. Infantil estiveron moi animados porque os contacontos da Editorial Kalandraka viñeron a contarlles varios contos acompañados pola música dun acordeón.
Foi unha actividade fantástica na que disfrutaron moito coa animación.
domingo, 13 de marzo de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















