No noso cole o festival de fin de curso vai sempre da man da celebración das letras galegas.
Este ano, adicado ás cantareiras, non podían faltar a música tradicional e as pandeiretas. Estamos moi agradecidos de poder contar no noso festival coa colaboración do grupo de cantareiras 'As Grileiras' pertencentes á asociación cultural Ledicia de Burela, Jose García (saxofonista e mestre en varias Escolas de Música) e Bruno Pedre (violonchelista e mestre).
Foi un gran festival no que disfrutamos moito e nos despedimos do noso alumnado de 6º curso que dentro de moi pouquiño comeza unha nova etapa e aos cales lles desexamos moita sorte. Durante o festival entregamos os premios á portada e á contraportada do noso xornal 'Nordés' e tamén aproveitamos esta celebración tan emotiva para facerlles a entrega dun agasallo á nosa directora Pepa e á profe Pili que este ano se xubilan e ás que tamén lles desexamos o mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario