O
apadriñamento lector é un proxecto de animación á lectura de
carácter transversal. Consiste en que o alumnado de cursos
superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de
cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para
compartir momentos de lectura.
Os
padriños/madriñas terán a función de ler contos aos seus
afillados/as.
Con
esta actividade preténdese mellorar os diversos contidos da lectura
e ademais desenrolar relacións interpersoais entre o alumnado do
centro e o achegamento entre nenos/as de diferentes idades.
Esta actividade desenvolveuse hoxe no noso colexio para celebrar o Día do Libro.
Tivo moito éxito!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario