martes, 12 de marzo de 2019
Menuda semana tivemos na Biblio dos Castros!Carmiña propúxonos facer "recreos poéticos".Os asistentes demostraron ser bos oradores e disfrutaron moito.Cada día da semana fumos descubrindo grandes autores.Ilustramos poemas de Rosalía cos que decoramos os nosos corredores.Algún valiente participou no recitado de Rosalía de Castro. .
luns, 11 de marzo de 2019
KARAOKIÑO
KARAOKIÑO
1.- Catro Vellos mariñeiros 7.- Lévame, Lévame
2.- A Carolina 8.- Nos Caneiros
3.- Pousa, pousa 9.- Na Beira do Mar
4.- Vento Mareiro 10.- Os de Marín
5.- O Sacristán de coimbra 11.- O andar miudiño
6.- A Virxe de Guadalupe 12.- Himno Galego
Ànimo rapaces, vosotros podedes.
No mes de abril os recreos na biblioteca farémolos máis divertidos xa que serán de karaoke. Podedes ir praticando e escollendo a canción, para iso deixámosvos os seguintes enlaces ás cancións:
1.- Catro Vellos mariñeiros 7.- Lévame, Lévame
2.- A Carolina 8.- Nos Caneiros
3.- Pousa, pousa 9.- Na Beira do Mar
4.- Vento Mareiro 10.- Os de Marín
5.- O Sacristán de coimbra 11.- O andar miudiño
6.- A Virxe de Guadalupe 12.- Himno Galego
Ànimo rapaces, vosotros podedes.
luns, 18 de febreiro de 2019
SEMANA DA ROBÓTICA
SEMANA DA MULLER E DAS NENAS NA CIENCIA
Coincidindo coa celebración do día das mulleres e das nenas na ciencia, organizáronse dende o cole unhas sesións de robótica na biblioteca que foron moi interesantes, divertidas e moi instrutivas. Aquí vos deixamos un vídeo ilustrativo das sesións.
mércores, 13 de febreiro de 2019
SEMANA DOS CHISTES
CONTA-CHISTES
A semana pasada , do 4 ao 8 de febreiro, celebramos na biblioteca da tartaruga "A semana dos chistes". Durante a hora do recreo tivemos unhas sesións de conta-chistes e tanto os nenos e nenas que quixeron apuntarse voluntariamente a contar chistes como os que quixeron participar como público reuníronse para pasar un bo rato na biblio. Moitas veces saíron espontáneos do público que se animaron tamén a contarnos algúns chistes.
Aquí os deixamos uns exemplos nestes vídeos.
xoves, 7 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ 2019
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
O xoves, 30 de xaneiro celebramos no noso cole o día da PAZ de diferentes maneiras e queremos reflectir algunhas delas. Dende a biblioteca organizóuse a elección por cursos dun dereito e dun deber (dos dereitos humanos), a ilustración dos mesmos con debuxos, poemas, etc. que logo se plasmaron nun mural na biblioteca.
Tamén se fixeron nos recreos da semana lecturas de frases mais importantes de personaxes célebres que loitaron pola PAZ no mundo.
Os mais pequenos tamén fixeron debuxos da pomba da paz, e ilustraron historias que despois contáronnos co Kamishibai.
Tamén fixeron en inglés un mural internacional para este Día da PAZ.
E finalmente para rematar esta semana dedicada á paz, o día 30 reunímonos todos os nenos , nenas e profes no pavillón do cole para cantar unha canción "D. Melitón"organizada polo profe de música , Roi e tamén algunha en inglés organizada pola profe Teresa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















