luns, 18 de febreiro de 2019

SEMANA DA ROBÓTICA

SEMANA DA MULLER E DAS NENAS NA CIENCIA



Coincidindo coa celebración do día das mulleres e das nenas na ciencia, organizáronse dende o  cole unhas sesións de robótica na biblioteca que foron moi interesantes, divertidas e moi instrutivas. Aquí vos deixamos un vídeo ilustrativo das sesións.



 

mércores, 13 de febreiro de 2019

SEMANA DOS CHISTES

CONTA-CHISTES

A semana pasada , do 4 ao 8 de febreiro, celebramos  na biblioteca da tartaruga "A semana dos chistes". Durante a hora do recreo  tivemos unhas sesións de conta-chistes e tanto os  nenos e nenas que quixeron apuntarse voluntariamente a contar chistes como os que quixeron participar como público reuníronse para pasar un bo rato na biblio. Moitas veces  saíron espontáneos do público que se animaron tamén a contarnos algúns chistes.
Aquí os deixamos uns exemplos nestes vídeos. 
 



 
 





xoves, 7 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ 2019

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ 

O xoves, 30 de xaneiro celebramos no noso cole o día da PAZ de diferentes maneiras e queremos reflectir algunhas delas. Dende a biblioteca organizóuse a elección por cursos dun dereito e dun deber (dos dereitos humanos), a ilustración dos mesmos con debuxos, poemas, etc. que logo se plasmaron nun mural na biblioteca.

Tamén se fixeron nos recreos da semana lecturas de frases mais importantes de personaxes célebres que loitaron pola PAZ no mundo.


Os mais pequenos tamén fixeron debuxos da pomba da paz, e ilustraron historias que despois contáronnos co Kamishibai.
Tamén fixeron en inglés un mural internacional para este Día da PAZ.
E finalmente para rematar esta semana dedicada á paz, o día 30 reunímonos todos os nenos , nenas e profes no pavillón do cole para cantar unha canción "D. Melitón"organizada polo profe de música , Roi e tamén algunha en inglés organizada pola profe Teresa.



mércores, 16 de xaneiro de 2019

RECOMENDACIÓN DE XANEIRO

RECOMENDACIÓN DE LECTURA DO MES DE XANEIRO

Os nenos e nenas de 3º de E.Primaria recomendámosvos ler o libro "Chan, a pantasma". 
Deixámosvos este vídeo presentación para ver si vos gusta.


xoves, 29 de novembro de 2018

NOVIDADE DO MES DE NOVEMBRO

O libro que os nenos e nenas de 2ºA queremos presentarvos chámase "A galiña azul". É un conto do Ourensán Carlos Casares, ao que se lle dedicou no ano 2017 o Día Das Letras Galegas.

Aínda que non é ningunha novidade, debido a que é un conto que publicou no ano 1968, quixemos contárvolo porque sempre oiramos falar da "Galiña Azul" e pensábamos en unha gardería ou centros para nenos pequenos. Se tedes a curiosidade, como tíñamos nós de coñecer a qué se debe este nome, escoitade o resumo do conto e animádevos a lelo que está disponible na nosa biblioteca.

Ah, e agardade un pouquiño porque no segundo trimestre imos atrevernos a facer unha pequena obra sobre o conto.




-------------------------------