O libro que os nenos e nenas de 2ºA queremos presentarvos chámase "A galiña azul". É un conto do Ourensán Carlos Casares, ao que se lle dedicou no ano 2017 o Día Das Letras Galegas.
Aínda que non é ningunha novidade, debido a que é un conto que publicou no ano 1968, quixemos contárvolo porque sempre oiramos falar da "Galiña Azul" e pensábamos en unha gardería ou centros para nenos pequenos. Se tedes a curiosidade, como tíñamos nós de coñecer a qué se debe este nome, escoitade o resumo do conto e animádevos a lelo que está disponible na nosa biblioteca.
Ah, e agardade un pouquiño porque no segundo trimestre imos atrevernos a facer unha pequena obra sobre o conto.
No noso cole, ademais de traballar coa actividade do conto de Arturo e Clementina, todos os alumnos/as de primaria participaron na actividade plástica de escribir nas burbuxas e así nos quedou:
Os alumnos/as de 5º e 6º participaron tamén noutra actividade que vai na liña do noso proxecto "o orador que levamos dentro" e redactaron un manifesto contra a violencia de xénero que foron lendo polas clases dos cursos de infantil e primaria e despois foron lelo á praza do Concello, baixo o lema "Burela en Negro".
Todos fixemos pins co fondo do lazo que portamos tanto alumnos/as como profes durante este día.
O cole organizou tamén un concurso entre todas as clases para elixir un slogan para este día e o slogan ganador foi: