xoves, 27 de setembro de 2018
Ola! Xa empezou o novo curso e Carmiña está agardándovos na biblioteca do noso cole.
Este ano hai moitas novidades porque durante o verán,ela estivo argallando novas aventuras para compartir con todos nós.
Durante estes meses que imos estar xuntos,Carmiña quere ser unha gran oradora, por eso propón traballar no PDI "O orador que levas dentro".
E como non,empezamos perdendo o medo a falar con micrófono para sair na tele.
Os alumnos de 1º de EP, tiveron o mércores 26 de setembro unha visita moi especial, "Braulio", unha marioneta moi simpática.
Foi moi emocionante participar nun programa da TVG que se chama Brauliotuber(Avisaremos cando se emita).Falamos sobre o medo.
luns, 17 de setembro de 2018
PRESENTACIÓN CONCELLO DE XOVE
O alumnado de 1º nivel no curso 2017/18 traballou o concello de Xove dentro do Proxecto de biblioteca "A nosa comarca"
Mirade que chulo lles quedou!!
martes, 19 de xuño de 2018
INFANTIL PDI BURELA
Dentro do proxecto impulsado dende a biblioteca escolar do noso centro, traballamos este curso os concellos que conforman a nosa comarca, a Mariña Lucense.
Este é o de Burela, elaborado polo alumnado de 6º de Infantil.
Mirade que chulo quedou!!
luns, 18 de xuño de 2018
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
Esta é a guía de lecturas para o verán. Nesta época de descanso non deixedes descansar nunca a lectura. Con ela nunca vos ides aburrir!!
Xa sabedes, no verán...con un libro na man!!
COLABORADORES BIBLIOTECA
Estes alumnos e alumnas foron os colaboradores durante o recreo na nosa biblioteca.
Eles e elas fixeron un importante labor de apoio e colaboración cos profes que estaban de garda.
Axudaron a recoller os libros que se devolvían e a colocalos nos andeis correspondentes, orientaban aos máis pequenos na escolla das lecturas...etc...
Moitas grazas a todos e todas!!
Eles e elas fixeron un importante labor de apoio e colaboración cos profes que estaban de garda.
Axudaron a recoller os libros que se devolvían e a colocalos nos andeis correspondentes, orientaban aos máis pequenos na escolla das lecturas...etc...
Moitas grazas a todos e todas!!
sábado, 16 de xuño de 2018
LARA, GANADORA
Lara Sixto Guisasola de 4ºB acadou o 3º premio no Certame de Narración e Debuxo Infantil convocado pola Biblioteca Municipal de Burela, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2018.
| Lara , moi orgullosa do seu premio |
mércores, 6 de xuño de 2018
IAGO LÓPEZ NO NOSO COLE
A semana pasada visitounos o contacontos e escritor Iago López. Contou un conto de Mª Victoria Moreno para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria. O conto é do libro "Eu conto, ti cantas" e chamáse "Can branco, can negro".
Coma sempre, Iago encantoulles aos nenos e nenas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















