Rematamos este curso 2014/2015. O equipo de biblioteca deséxavos que desfrutedes do verán e aconsellamos que vaiades onde vaiades vos acompañe sempre un libro. Un libro para desfrutar, para soñar, para imaxinar...
Estes rapaces e rapazas colaboraron cos mestres que fixeron o préstamo de libros na biblioteca. MOITÍSIMAS GRAZAS por perder uns minutos de recreo cando vos tocaba axudar. A vosa labor foi importante e necesaria.
Como premio, recibiron un pequeno agasallo: un marcapáxinas e algo que lle fixo ilusión á maioría, unha chapa para prender na roupa.
Aquí tedes unha guía de lecturas (a maioría son publicacións moi recentes) por se vos poden servir como orientación para escoller algún libro para as vacacións de verán.
Tedes libros en galego, castelán e inglés para tódolos niveis e tamén para os papás e mamás.
Cartel divulgativo deste curso 2014/2015 co lema: BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!! que publicou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
Este cartel, pretende facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo. Busca tamén, espertar o interese polas matemáticas.
No noso centro, elaborouse por parte do equipo de biblioteca un traballo para facer ver ao alumnado a utilización das mátemáticas no día a día.
Hoxe viñeron ao noso cole algúns dos profesores da Escola de Música de Burela para ofrecer a toda a Primaria e Infantil de 5 anos un pequeno concerto que entusiasmou ao alumnado. No último tema que interpretaron de Mozart, estiveron acompañados por nenos e nenas de 5º de primaria que son alumnos desta escola.
Aquí tedes un pequeno resumo en vídeo e fotos do acontecido: