xoves, 3 de novembro de 2016

O NOSO SAMAÍN e MAX E LEA, NA BIBLIOTECA

 Xa están na nosa biblioteca, en galego, para os máis pequenos!!

Escrito por Loretta Birrot , con preciosas ilustracións de Nuria valdeón e publicado pola editorial Galaxia acaba de sair á rúa o libro "O NOSO SAMAÍN". Está dirixido a nenos/as de 5 a 8 anos. A través deste conto, os máis pequenos van ter a oportunidade de coñecer a fondo esta tradición galega.

















MAX E LEA escrito e ilustrado por Estefanía Padullés. Ed Hércules.
 Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosauro moi grande, moi forte, e cunha morea de cairos, así que ninguén se atreve a meterse con el.
Pero polas noites cambia o conto… xa que Max ten moito medo á escuridade.
Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosauros que coñece… pero parece que ninguén pode solucionar o seu problema.
Cando Max xa está a punto de renderse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.
Poderá axudarlle Lea?
Logrará Max vencer á fin o seu medo á noite?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

-------------------------------