Este documento foi elaborado dentro do proxecto "COÑECEMOS GALICIA"
mércores, 29 de maio de 2013
COÑECEMOS GALICIA
venres, 10 de maio de 2013
50 aniversario do noso colexio: o CEIP "VIRXE DO CARME"
- AS 11:30 HORAS: NO XARDÍN DO CENTRO ESCOLAR DESCUBRIMENTO DUN MONOLITO E PLACA CONMEMORATIVA, ACTO AO QUE ASISTIRÁN AUTORIDADES LOCAIS E PROVINCIAIS.
- De 12:00 a 14:00 HORAS: XOGOS E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA OS/AS ALUMNOS/AS DO CENTRO.
- ÁS 19:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA.
venres, 26 de abril de 2013
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Máis recursos: recompilación de todos: Recompilación de recursos elaborada por Mª Asunción García Álvarez
Desde o CEIP Vilaxoán de Vilagarcía chégannos este resumo das actividades creadas polo Seminario Galán para a celebración das Letras Galegas que, como sabedes, este ano está adicado a : ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Grazas por compartir o voso traballo.
ACTIVIDADES EN LIÑA
|
|
EDUCACIÓN INFANTIL
|
1º CICLO
|
2º CICLO
|
3º CICLO
|
DOCUMENTOS PARA IMPRIMIR
|
|
Actividades
|
|
TELEXORNAL VIDAL BOLAÑO
Telexornal realizado polo EDLG do CPI Dos Dices no
que se lle fai unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.
Máis actividades: CEIP ADR Castelao (Rianxo): Roberto Vidal bolaño. Actividades e recursos
E tamén estes LIMs do CEIP Mallón, A Ramallosa (San Pedro) NIGRÁN :
LIM (3º ciclo)
Presentación realizada por:
Outros vídeos:
Este esta feito polos alumnos que reciben apoio de PT ou AL do CEIP de Pedrouzos-Brión
| |
DIA DO LIBRO
Estas son as actividades realizadas para a celebración do Día do Libro:
- As Mochilas Viaxeiras comezaron a súa andaina.
- Estivo con nós Xosé Miranda: os alumnos e alumnas de 3º estiveron na biblioteca disfrutando e escoitando a este escritor.
- O alumnado de 4º de primaria asistiu ao Concello ao III Maratón de lectura para recitar "Cantares galegos" de Rosalía de Castro.
- Reparto de marcapáxinas e lectura do poema de Paula Carballeira.
- "O MEU LIBRO FAVORITO É..." Cada aula elixiu o seu libro favorito, co cal traballou estes días e tamén se fixo unha lectura na biblioteca:
En 3º A, "Álvaro e Álvaro" de Xosé Miranda; en 3º B, "Amigos del alma" de Elvira Lindo; en 4º A, "O aniversario de Ana" de Cocha Blanco ; en 4º B, "Diario de Greg"; en 5ºA, "Mi nombre es Skywaltker" de Agustín Fernández Paz; en 5º B, "O cocho de carreiras Rudi Fuciños" de Uwe Timm; en 6º A,"El libro de la selva" de Geronimo Stilton e en 6º B, "Matilda" de Roald Dhal.
| Lectura na biblioteca |
| Lectura na biblioteca |
| Xosé Miranda co alumnado de 3º |
| Mochilas viaxeiras |
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
xoves, 18 de abril de 2013
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para a celebración desta data temos programadas varias actividades:
- Visita á nosa biblioteca de Xosé Miranda.
- Campaña: "O noso libro favorito é..." que será votado en cada aula para facer un traballo sobre el, tamaño A 3 para colocar na porta.
- Maratón de lectura na Casa do Concello sobre Rosalía de Castro.
- Mochilas viaxeiras...
Etiquetas:
ACTIVIDADES COLE DÍA DO LIBRO
luns, 15 de abril de 2013
ANXO MOURE ESTIVO NO NOSO COLE
O mércores, día 10, visitou a nosa biblioteca Anxo Moure para contar, aos nenos e nenas do 1º Ciclo, o conto "O Carballo con botas" e para ensinarnos a mirar o mundo a través do corazón das árbores.
martes, 2 de abril de 2013
2 de abril: DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

O 2 de Abril conmemórase desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Etiquetas:
DIA DA LITERATURA INFANTIL
domingo, 10 de marzo de 2013
SEMANA DA PRENSA
Do 11 ao 15 de marzo celébrase a Semana da prensa. Aquí hai varios enlaces que vos poden servir de axuda para realizar e completar as actividades que teñades programadas.
Neste enlace poderedes acceder ás actividades do CEIP "Mestres Goldar".
E neste enlace tedes un LIM moi intertesante do CEIP "Cespón"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















