Estas son as actividades realizadas para a celebración do Día do Libro:
- As Mochilas Viaxeiras comezaron a súa andaina.
- Estivo con nós Xosé Miranda: os alumnos e alumnas de 3º estiveron na biblioteca disfrutando e escoitando a este escritor.
- O alumnado de 4º de primaria asistiu ao Concello ao III Maratón de lectura para recitar "Cantares galegos" de Rosalía de Castro.
- Reparto de marcapáxinas e lectura do poema de Paula Carballeira.
- "O MEU LIBRO FAVORITO É..." Cada aula elixiu o seu libro favorito, co cal traballou estes días e tamén se fixo unha lectura na biblioteca:
En 3º A, "Álvaro e Álvaro" de Xosé Miranda; en 3º B, "Amigos del alma" de Elvira Lindo; en 4º A, "O aniversario de Ana" de Cocha Blanco ; en 4º B, "Diario de Greg"; en 5ºA, "Mi nombre es Skywaltker" de Agustín Fernández Paz; en 5º B, "O cocho de carreiras Rudi Fuciños" de Uwe Timm; en 6º A,"El libro de la selva" de Geronimo Stilton e en 6º B, "Matilda" de Roald Dhal.
|
Lectura na biblioteca |
|
Lectura na biblioteca |
|
Xosé Miranda co alumnado de 3º |
|
Mochilas viaxeiras |
Ningún comentario:
Publicar un comentario