sábado, 16 de maio de 2026

CLUB DE LECTURA 'PLAN DE RESCATE'


 Recén estreados no programa CLUBS DE LECTURA que forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e está enmarcado no Plan Lía, arrincamos este curso escolar os clubs de lectura para o noso alumnado cun entusiasmo renovado.

Polo mesmo motivo polo que escollimos a Antía Yáñez como estrea para o noso club de lectura de persoas adultas, tamén a escollimos un libro dela para o club que ofrecemos ao noso alumnado. O título escollido foi 'Plan de rescate' e temos que dicir que foi un exitazo. 

Rimos e falamos moito coa novela de Yáñez e ademáis fixemos un mural coas nosas capacidades especiais, descubrindo aspectos moi singulares uns dos outros que descoñeciamos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

-------------------------------