O día 24 de outubro celebramos o día da biblioteca escolar. No noso cole podemos cosiderar outubro o MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR xa que durante todo este mes poñemos a andar múltiples iniciativas previstas. Moitas delas arrancan agora e continuarán ao longo do ano.
O noso PROGRAMA para este mes foi e está sendo o seguinte:
- A finais de setembro xa partiron as mochilas viaxeiras:
- O día 9 de outubro abrimos a biblioteca para o préstamo/devolución de libros.
- O día 10 entregamos os carnets de novos lectores ao alumnado de 1º nivel (no noso centro empezan en 1º de Primaria a levar libros depréstamo por decisión das mestras de Infantil)
- Puxemos en marcha o noso 1º CLUB DE LECTURA para 5º e 6º niveis:
- Na semana do 23 ao 27 os mestres/as leremos contos de medo na biblioteca para tódolos niveis:
- Tamén praticamos a expresión escrita:
- Estamos a realizar uns traballos plásticos relacionados co fomento da lectura:
Por último, o día 24, realizaremos lecturas de medo na biblioteca, formaremos aos usuarios/as que así o desexen e explicaremos ao alumnado o lema proposto para este curso para as bibliotecas escolares para que de xeito activo, eles tamén debuxen, escriban ....como lles ensina a pensar a súa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario