lunes, 17 de abril de 2017

ENTREVISTA A RUBÉN GARCÍA (ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOURENZÁ)




Dentro do PDI (Proxecto Documental Integrado) impulsado dende a biblioteca este curso traballamos "CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE". En 3º nivel eleximos o concello de Lourenzá e como as Escolas Deportivas deste concello son moi importantes a nivel local e toda a Mariña, en 3ºA entrevistamos a unha persoa que está impicada nelas dende o seu comenzo e aí segue, xestionando e organizando varios aspectos do clube ademais de ser entrenador de atletismo.

Trátase de Rubén García Piñeiroa, nacido en Villaronte (Foz), licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e que exerce como profesor nun colexio de Foz.

      - Cando empezou a traballar nas escolas deportivas de Lourenzá?
  • Pois xa hai uns 21 anos. A primeira vez que estiven en Lourenzá fará uns 22 anos, impartindo un curso de fútbol con outros compañeiros que daquela organizaba o Deportivo (Viñemos dende Coruña xa que eu estudaba alí)
    Cando rematou o curso, o concelleiro de deportes daquela, Vidal Martínez Sierra, comentou que era unha pena que non foramos de pola zona porque quería facer algo relacionado co deporte en Lourenzá. Como coincidíu que eu son dunha parroquia de Foz (Vilaronte) deseguida empezamos a quedar varios fins de semana para tratar de levar adiante este proxecto.

  • En que consiste o teu labor?
  • Como o clube e a vila son pequenos pois toca facer un pouco de todo. Xestiono o apartado deportivo, económico e social do clube; organización de eventos e como adestrador encárgome xunto con outros compañeiros da sección de atletismo.

  • Que deportes de poden practicar nas escolas?
  • Agora mesmo ofertamos: fútbol sala, atletismo, duatlon, baloncesto e patinaxe. Está en estudo a sección de pádel agora mesmo.

  • Os nenos e nenas que acoden á Escolas, son todos/as de Lourenzá?
  • Actualmente, dos 200 nenos@s que temos nas escolas, proceden, a maioría, do Concello de Lourenzá pero veñen tamén moitos@s dos concellos de Barreiros, de Mondoñedo, de Ribadeo, Riotorto, Trabada, A Pontenova, incluso de Asturias (temos dúas nenas en atletismo de S. Tirso de Abres) e tamén de Lugo capital temos nenos@s en atletismo.

  • Participades nalgún campionato?
  • Siiii...tódolos equipos e seccións participan en campionatos, a maioría deles federados. Comezamos a pretemporada en agosto e a partires de setembro tódolos equipos e seccións comezan a competir.

       - Cantos trofeos tedes? 
       Jajaja...Unha vitrina xa abarrotada....
  • De tódolos xeitos, o trofeo no deporte é secundario. O importante é que o alumnado se eduque, se forma e sacrifique día a día. Logo, o resultado chega por si solo.

  • Cantas categorías deportivas tedes en cada deporte?
  • Depende un pouco de cada sección...Pero agora mesmo, na maioría dos deportes vamos dende a categoría pitufos (4-5 anos) ata a categoría absoluta (máis de 18) pasando por prebenxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

  • Cantos deportes se practican cada día?
  • A maioría deles adestran case tódolos días, a excepción do luns que é o día que temos de descanso. Pero podo dicirvos que temos nenos@s en atletismo (a partires de cadete) que adestran tódolos días e só descansan o luns; incluídos sábados e domingos.

  • Cantos entrenadores/as hai?
  • En fútbol e fútbol sala temos 8, en basket, 2; en patinaxe 1; en atletismo 4 e un adestrador de porteiros. En total 16 adestradores e 15 directivos que traballan de forma voluntaria para sacar isto adiante.

  • De onde sacades o diñeiro que necesitaredes?
  • Esta é unha moi boa pregunta porque se o tema económico non funciona o resto tambaléase. Temos un presuposto duns 100.000€ que se consiguen a través de socios, patrocinadores, bar vallas d epublicidade, lotaría, subvencións públicas do concello de Lourenzá, Deputación e Xunta de Galicia.

  • Tedes previsto incluir outros deportes no futuro?
  • Si. Estamos estudando o pádel, que agora mesmo está moi de moda e temos unha nova pista en Lourenzá.

  • Cantos nenos/as hai agora mesmo nas Escolas?
  • Estamos nos 200 nunha vila de 2600 habitantes.

  • Cando vostede era pequeño asistía a algunha Escola coma esa?
  • Non...de pequeno estudiei no colexio público de Fondo Nois e alí xogabamos ao fútbol, fixen ciclismo, tenis...un pouco d etodo. Agora volvo a correr pero por dar exemplo aos nenos da sección.
  • Como son as instalacións para realizar os diferentes deportes?
  • Centramos as actividades no pavillón e campo de fútbol. Está ben aínda que sempre queremos que estean mellor.

  • Cal é o deporte ao que máis nenos/as acoden?
  • O fútbol, sempre é o fútbol a onde máis acoden aínda que agora mesmo en atletismo xa temos 80 nenos/as anotados.

  • Pensas que a existencia da Escolas Deportivas aporta prestixio ao Concello de Lourenzá?
  • Eso sen dúbida...jejeje...Lourenzá agora é coñecido polo deporte e polas fabas!!

Moitas grazas, Rubén.


Alumnado de 3ºA

2 comentarios:

-------------------------------