Hoxe tivemos a visita de Antía Yáñez Rodríguez que con só 25 anos xa publicou o seu primeiro libro e hoxe veuno presentar ao noso colexio, que foi onde ela estudou E. Infantil e Primaria.
O libro leva por título O misterio de Portomarín e Antía faloulles del aos nenos e nenas invitándoos a descubrir o que pasa no libro mediante un xogo.
Faloulles ademais da vila de Portomarín e dos motivos que a levaron a inspirar a historia do libro nesta vila lucense.
Antía díxonos que lle facía moita ilusión volver ao cole onde estudou e a nós fíxonos tamén ilusión que viñese!!
Moitas grazas
|
Antía co alumnado de 6º nivel |
|
Firmando libros |
|
Tócalle a 4º nivel. |
|
Con 5º nivel |
|
Xogando |
|
O director presenta a Antía |
|
Co alumnado de 3º |
|
Ao remate, fixémoslle un regalo |
|
Gustaralle? |
|
Firmando libros |
Ningún comentario:
Publicar un comentario