sábado, 28 de novembro de 2015

A XOSÉ NEIRA VILAS. IN MEMÓRIAM


Onte deixounos un grande das letras galegas. Que dicir deste gran escritor que non se dixera xa?
Nós queremos facer unha humilde aportación dende este blog da  biblioteca escolar, recopilando materiais que atopamos pola rede para dalos a coñecer ao alumnado e aos mestres que o precisen.
A mellor opción que lles podemos dar aos nosos alumnos e alumnas é sen dúbida, a oportunidade de achegarse á biblioteca e mergullarse na lectura dos seus libros, escollendo as máis axeitadas a cada idade.





Podes realizar unhas sinxelas actividades sobre Neira Vilas, pinchando AQUÍ

3 comentarios:

  1. Teño un gran recordo da última vez que fun as Xornadas de Bibliotecas a Santiago, creo que polo 2013. Na clausura estivo Neira Vilas e pasamos uns momentos moi amenos contándonos retazos da súa vida e da súa obra dun xeito moi entrañable e divertido.
    Sinto un gran pesar pola súa morte.
    Toñita Paleo

    ResponderEliminar
  2. Grazas Toñita polo comentario. Que gusto me dá que sigas entrando no blog, neste blog que ti comenzache e eu procuro seguir actualizando todo o que podo para ser unha digna sucesora do que que ti empezache.
    Hoxe estivemos lendo un pouco de "Memorias dun neno labrego" , aínda que para 4º é algo elevado polo vocabulario que emprega. Pero hai poesías e libriños máis axeitados de N. Vilas como "O cabaliño de buxo" que temos na biblio e que tentaremos ler.
    Unha aperta forte.

    ResponderEliminar
  3. Que ben queToñita siga en contacto connosco......eso e boa sinal.......bicos para Toñita!!!!!

    ResponderEliminar

-------------------------------