O día 25 de novembro celebramos o día da eliminación da violencia contra as mulleres. Uns días antes desta data, viñeron ao noso cole a monitora de GAIA, Begoña Romo acompañada da psicóloga do concello para impartir aos nenos unha pequena charla sobre violencia de xénero.
Deixaron un mural coa silueta dunha muller na que os diferentes cursos de 3º, 4º, 5º e 6º fomos pegando unhas mensaxes rexeitando a violencia contra as mulleres.
O día 25, despois do recreo, achegáronse ao cole a concelleira de cultura Patricia Otero e a monitora de GAIA, Begoña Romo e explicáronlles aos nenos/as o motivo desta homenaxe ás mulleres maltratadas.
Un representante de cada equipo, voluntariamente, defendeu a mensaxe que previamente colocara no panel, explicando o significado da mesma.
Logo entregáronlles un ramo de flores que recolleu un neno de cada curso como símbolo da loita contra a violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario