domingo, 15 de decembro de 2013

venres, 13 de decembro de 2013

O APALPADOR


Quen é o Apalpador?

O Apalpador representa a figura mítica dun Carboeiro que segundo a tradición baixaba das devesas a noite do 31 de decembro para tocar a barriga dos nenos e comprobar si comeran o suficiente durante o ano, deixándolles un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles un novo ano cheo de felicidade e de alimentos.

É unha figura popular nas montañas ao leste de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo), que se mantivo no olvido baixo a influencia de personaxes doutras culturas. Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Vaite logo, meu meniñ@                                          
marcha agora para a camiña 
Que vai vir o Apalpador    
a apalparche a barriguiña      
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo

domingo, 8 de decembro de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA


Nesta fin de semana deixounos NELSON MANDELA, o home do eterno sorriso.
Loitou contra a  pobreza, a desigualdade e o racismo  no que vivía a xente negra do seu país, Sudáfrica, durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e  de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
 Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, o home máis respetado do planeta, MADIBA, como lle chamaban no seu país.
Agradecemos as imaxes e presentacións doutras bibliotecas, especialmente da Biblioteca Escolar Xoan Farias e da biblioteca BLOGUESQUÍO.



Podemos achegarnos máis a este personaxe o DIA DOS DEREITOS HUMANOS, o 10 de decembro ou mesmo o DÍA DA PAZ. 
Neste enlace atoparedes máis actividades e recursos para traballar nas aulas.

sábado, 9 de novembro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin as mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina. Este curso chegarán ás casas dos nenos e nenas de toda a Primaria. Desexamos que todas as familias disfruten do seu contido.







domingo, 27 de outubro de 2013

OUTONO E SAMAÍN

Coma en anos anteriores, premendo na imaxe podedes acceder a recursos para traballar o SAMAÍN.


     C.E.I.P. Víctor Sáenz   Páxina elaborada por:   Mª Asunción García Álvarez


martes, 15 de outubro de 2013

24 de outubro: DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria edita tódolos anos un cartel para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar.
O tema deste ano é LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR que tratará de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico.
A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.

Neste Blog atoparedes recursos para realizar experimentos.

http://primariaexperimentos.blogspot.com.es/

martes, 10 de setembro de 2013

BENVIDOS E BENVIDAS




Remataron as vacacións e comeza un novo curso. Desde este recuncho, a tartaruga Carmiña e o Equipo de Biblioteca deséxavos moita sorte neste novo curso que empeza, o 2013-2014.

xoves, 20 de xuño de 2013

BÁGOA DE LÚA

¨Bágoa de lúa", un libro que acaba de saír ao mercado editado por Galaxia e escrito por unha antiga alumna do noso colexio, Sabela González.


Bágoa de lúa é o primeiro tomo dunha triloxía chamada "As crónicas de Landereina".

-------------------------------