martes, 5 de xuño de 2012

OUTROS PAÍSES, OUTRAS CULTURAS

Xa rematamos os traballos dos 14 países do noso alumnado estranxeiro. Dende agora podedes velos aquí ou na páxina web do colexio.
      
                 

Para facer este proxecto inspirámonos nun traballo publicado no Blog do CEIP "Rosalía de Castro" (A Charca dos libros) de Xinzo de Limia.

xoves, 24 de maio de 2012

MES DO LIBRO E DAS LETRAS

Durante os meses de abril e maio  conmemoramos o Día do Libro o o Día das Letras Galegas con varias actividades:
-          1ª SEMANA DA POESÍA: DO 23 AO 27 DE ABRIL:
Día 23 de abril:recital poético na Biblioteca.





-          CONTACONTOS
-          XORNAL ESCOLAR
-     DÍAS 24 E  25: FESTIVAL DAS LETRAS: RECITADOS, MÚSICA E TEATRO

sábado, 7 de abril de 2012

ABRIL: O MES DA LITERATURA

O mes de abril é o mes da literatura: o día 2 celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen e o día 23: DÍA DO LIBRO.
Para esta primeira data tedes aquí dous LIM cos que podedes traballar o conto. Preme no cartel e poderás traballar un LIM sobre Andersen.

LIM sobre os contos dos irmáns Grimm realizado polo CEIP "Fleming" de Vigo.

luns, 5 de marzo de 2012

TRABALLAMOS O CÓMIC

Esta semana imos dedicala a traballar o Cómic, e por iso fomos ambientando os edificios do cole e preparando fichas que os nenos e nenas farán na biblioteca ou nas aulas. Este ano traballaremos  as viñetas e bocadillos.

Aquí tamén hai actividades e explicacións sobre todo isto.

mércores, 22 de febreiro de 2012

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

O 24 de febreiro está contemplado como data sinalada no calendario do libro e da lectura, como o DÍA DE ROSALÍA. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está a promover a difusión desta data e a conmemoriación con agasallos de libros e flores.



Este ano fanse os 175 anos do nacemento da autora.




mércores, 8 de febreiro de 2012

ENTROIDO 2012

Recursos para traballar o Entroido tradicional galego:

Esta páxina foi elaborada pola Biblioteca de Milladoiro-Malpica:


https://sites.google.com/site/olgardiaz/antroido





domingo, 22 de xaneiro de 2012

DÍA DA PAZ

Como sabedes o día 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA para conmemorar a morte de Mahatma Gandhi.Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas.
    

mércores, 11 de xaneiro de 2012

-------------------------------