lunes, 6 de mayo de 2019

Ó longo do mes de abril fixemos moitas e variadas actividades relacionadas cos libros.Recibimos a escritores tan importantes como Ramón Caride e Marica Campo, que os nosos alumnos presentaron para demostrar como se prepararon a través do noso proxecto "O orador que levas dentro". Tamén disfrutamos coas animacións de Anxo e Brais Moure. Cos apadriñamentos lectores fomentamos a relación entre todo o alumnado e o gusto pola lectura. A través do concurso "Que libro é" divertímonos e descubrimos outra forma de achegarnos á lectura. Toda celelebración debe ter boa música, polo que contamos co grupo Dambara que nos deron unha boísima lección teórico-práctica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

-------------------------------