Onte, Día Internacional do Libro, tivemos no noso centro a actividade promovida dende a biblioteca de Apadriñamentos Lectores por segundo ano consecutivo co fin de fomentar a lectura entre o alumnado.
O apadriñamento lector é un proxecto de animación á lectura de carácter
tranversal consistente en que o alumnado de cursos superiores (de 3º a
6º) apadriña/amadriña ao alumnado de cursos inferiores (dende Infantil
ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura.
Con esta actividade preténdese mellorar os diversos contidos da lectura
(expresión, comprensión, vocalización...) e ademais desenrolar relacións
interpersoais entre o alumnado do centro e o achegamento entre nenos/as
de diferentes idades.
Ao igual que o curso pasado, o apadriñamento lector foi todo un éxito que resultou moi gratificante e motivador para o alumnado.
Ao igual que o curso pasado, o apadriñamento lector foi todo un éxito que resultou moi gratificante e motivador para o alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario