viernes, 10 de noviembre de 2017

EXPERIENCIA NA RADIO

O curso pasado participamos en  Radio Burela dentro do Proxecto Neo. Fixémolo dende a clase mandando as voces dos nenos/as que logo escoitamos.
Este curso queriamos máis, desexabamos coñecer como era a radio por dentro, como se emitía un programa. Grazas a colaboración dos profesores do IES Perdouro Bernardo Penabade e Karina Parga e do técnico de son Matías Nicieza, poidemos cumplir hoxe o noso soño.
E así, pola mañá, dirixímonos cara a Radio Burela onde poidemos vivir unha gran experiencia.
Aquí tedes o programa enteiro e as fotos que corroboran que hoxe foi un día inesquecible!!
Moitísimas grazas, Bernardo, Karina, Matías. Que ben o pasamos e canto aprendemos!!
PARA ESCOITAR O PROGRAMA, PULSA AQUÍ

FOTOS:










No hay comentarios:

Publicar un comentario

-------------------------------