Rosalía de Castro.
Unha das nosas escritoras máis coñecidas ocupa unha boa parte das actividades que organizamos cada curso no noso cole. Rosalía é unha figura ben coñecida polo noso alumnado e moi querida.
Foron moitos os niveis que traballaron a Rosalía dende as titorías e, no edificio de Infantil, fixeron ademáis uns murais espectaculares.
Dende a biblio de Carmiña propuxémoslle ao noso alumnado unha actividade chamada 'POESÍA DECONSTRUÍDA'.
Para realizar esta tarefa oo alumnado debía primeiro coñecer ben a poesía de Rosalía de Castro, para iso podían valerse tanto dos exemplares que posuímos na biblioteca coma das tarxetas con versos e estrofas preparadas nas mesas da biblio para facilitar a lectura. A continuación debían escoller un verso (no caso dos máis pequenos) ou unha estrofa sobre a que traballar. O terceiro paso sería substituír léxico e expresións en galego empregadas por Rosalía por léxico e expresións propias de idiomas empregados en Ghana, Perú, Indonesia, Cabo Verde, España e Polonia.
Foi unha actividade que gustou moito e da que disfrutaron durante o tempo de lecer de maneira voluntaria e tamén coas súas mestras grupos enteiros empregando a súa hora de biblio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario