domingo, 17 de maio de 2026

25N

 O NOSO 25N

O 25 DE NOVEMBRO é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día denunciamos a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclámanse políticas para a súa erradicación. No noso cole tamén nos movemos e cada curso realizamos actividades e/ou un acto que axude a crear conciencia sobre este problema e axude a erradicalo.

Este curso escolar, para enmarcalo dentro do noso PDI Burela sen fronteiras, decidimos estudas léxico das linguas que se falan nos países que estamos a estudar. Porque a violencia verbal tamén é violencia e, polo tanto, debemos coidar a nosa expresión e a maneira coa que nos diriximos ás demáis persoas. O coidado do discurso e ser conscientes de empregar a linguaxe para non ferir é moi importante. Por iso decidimos estudar palabras e expresións amables que expresen cariño e positividade en linguas presentes en: España, Perú, Indonesia, Cabo Verde, Ghana e Polonia. De ese modo podemos expresar con seguridade o noso lema polo 25N de este curso 'Entendemos a non violencia en calquera lingua'







Ningún comentario:

Publicar un comentario

-------------------------------