lunes, 21 de noviembre de 2022


  

 

 Día Mundial da Infancia.

O alumnado de 4º,5º e 6º reflexionou sobre o tema,tendo en conta o noso proxecto,"un libro unha emoción", lendo este poema:


QUE LOS NIÑOS AYUDEN A LOS NIÑOS

Como el tren de mi infancia,

niños de tercera clase,

niños del cuarto mundo


niños del quinto color,

niños sin 

casa,                                  

sin escuela,

sin comida,

sin enfermera.

Niños sin lapicero,

que dibujan con el dedo

sobre el polvo del suelo,

un gato.

Gloria Fuertes


lunes, 17 de octubre de 2022



Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palara de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

 

miércoles, 22 de junio de 2022

lunes, 13 de junio de 2022




A Super Acción de Mauricio é a historia dun rapaz de Landrove que embarca en Burela para a captura da pescada e que, estando en alta mar, sofre alucinacións  e comeza a falar co peixe.

 Este conto é o primeiro sobre saúde mental en Galicia e hoxe tivemos a sorte de coñecelo na nosa biblioteca,  da man de persoas que participaron na súa elaboración. É  un “canto á diversidade” e  supuxo todo un exemplo para nós.



sábado, 11 de junio de 2022

domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER (Pincha aquí para ver o vídeo)

 Esta semana celebramos o Día Internacional da Muller (8 de marzo) con diversas actividades encamiñadas a lembrar o importante papel das mulleres ao longo da Historia e reivindicar cambios e melloras que leven a unha verdadeira igualdade de xénero no mundo actual.

 


 


 

 

lunes, 31 de enero de 2022


O  30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Durante esta semana, no noso cole, estivemos investigando sobre cales son os símbolos empregados para representar a paz, pois máis aló da pomba branca , existen outros que merece a pena coñecer. 
Aquí vos deixamos un vídeo coa  recompilación dos seus traballos.

 

-------------------------------