viernes, 25 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 😜

Fixéronse esperar mais...aquí están! A gozar do verán e non esquezades...A MAXIA ESTÁ NA LECTURA!!



domingo, 20 de junio de 2021

FACENDO CAMIÑO

 FACENDO CAMIÑO NO “VIRXE DO CARME” 

Remata un curso que comezamos en setembro con incertidume e preocupación, mais tamén coas maletas cheas de ilusión e cunha enorme vontade por nos reencontrar de novo nas aulas. Pouco a pouco fomos facendo camiño e semana tras semana fomos resistindo e mantendo a nosa presenza no centro, grazas á colaboración de toda a comunidade escolar, que en todo o momento mantivo unha actitude exemplar e un grande sentido da responsabilidade. 

 

Aínda que neste curso a educación musical estivo profundamente condicionada polas medidas anti-COVID, a nova normalidade evidenciou a importancia da música como elemento motivador e dinamizador da vida escolar. Por este motivo queremos compartir con todos e todas esta versión de Fago o camiño,  tema que podedes atopar no libro-disco O Veleiro Verde de Maria Fumaça. 

 

Pensamos que esta canción transmite a ilusión e o entusiasmo co que vivimos a volta ás aulas e a necesidade de saír de novo aos patios e ás rúas para xogar á bola, á billarda, á chave, ao trompo ou coller as bicis para “facer camiño”.

 

Moitas grazas e agardamos que vos guste. Vémonos o próximo curso para seguirmos facendo camiño!






 

viernes, 18 de junio de 2021

-------------------------------