Queremos compartir estas recomendacións lectoras que elaboramos para acompañarvos estas vacacións. Agardamos que vos gusten e que a compañía dos libros enchan aínda máis este verán de vivencias e recordos.
A BIBLIOTECA DA TARTARUGA
CEIP PLURILINGÜE "VIRXE DO CARME" de BURELA (Lugo)
xoves, 25 de xuño de 2026
martes, 9 de xuño de 2026
VISÍTANOS O CÓNSUL DE POLONIA.
O Sr. Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, Cónsul honorario de Polonia en Vigo visitou o noso colexio o pasado venres para falarnos de Polonia e comprobar o moito que aprendimos durante este curso sobre este fermoso país do norte de Europa. A esta visita convidamos tamén á nosa familia procedente de Polonia e a Mario Pillado, Tenente de alcaldesa e concelleiro de educación (entre outros cargos) no noso concello.
O traballo no noso PDI "Burela sen fronteiras" foi o motivo polo que nos puxemos en contacto con este consulado ao comezo do curso escolar. O motivo era conseguir información para as nosas investigacións sobre Polonia e, por que non, algunha recomendación. Pois non só foron moi amables na súa resposta senón que chegou ao cole unha caixa con bastante material para poder coñecer moito mellor este país. Ademáis, o Sr. Juan Manuel Vieites mostrouse moi entusiasmado co noso proxecto e ofreceuse a visitar o noso cole cando lle fose posible.
Foi unha visita moi agradable na que tivemos a oportunidade de coñecer ao Cónsul de Polonia en Vigo, profundar nas obrigas que tén a súa labor, coñecer Polonia un pouco máis e pasar un ratiño moi agradable. Quedamos moi agradecidos e esperamos que se anime a volver de novo polo cole.
domingo, 7 de xuño de 2026
NOVA SINALÉCTICA.
Carmiña dos Castros e o seu amigo Clink (de Polos Creativos) xa andan a traballar na nova sinaléctica para a nosa cambiada biblio. Mirade que chulos están quedando os números da CDU para colocar enriba das estanterías.
sábado, 6 de xuño de 2026
OLA! CANTAS GANAS TIÑA EU DE FALAR CONTIGO.
OLA! CANTAS GANAS TIÑA EU DE FALAR CONTIGO foi un traballo que tamén partiu do noso PDI Burela sen Fronteiras e se realizou íntegramente como colaboración coas familias.
Esta proposta de traballo plantexaba celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Un día para recordar que precisamos continuar traballando para eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres polo simple feito de selo e en calquera ámbito.
Pedímoslles ás nosas familias que, xunto cos seus fillos, pensasen nunha muller procedente dalgúns países estudados no proxecto (Ghana, Perú, España, Indonesia, Polonia e Cabo Verde) coa que lles apetecese ter unha conversa ou facer unha entrevista. Proporcionámoslles unha plantilla sobre a que traballar e pedímoslles que escribisen o seu traballo e o ilustrasen.
Estamos moi agradecidos polos traballos recibidos e a implicación das nosas familias e o noso alumnado. Cremos que estas actividades son unha maneira fantástica de traballar a escritura, a creatividade, a investigación; unindo o centro educativo coa casa e fortalecendo as relacións das familias coa escola.
Estas foron as instruccións que lles enviamos:
sábado, 23 de maio de 2026
EXPOSICIÓN DE ARTE 'BURELA SEN FRONTEIRAS'
O noso proxecto precisaba dun espazo especial adicado á arte e o deseño. Por iso organizamos esta exposición de arte que chamamos igual que o noso PDI 'Burela sen fronteiras' para mostrar algúns dos traballos feitos polo noso alumnado ao redor de obras artísticas de pintores procedentes dos países estudados durante este curso escolar.
Algunhas aulas ampliaron a actividade e traballaron diversos artistas e realizaron varias obras, outras aulas centráronse no estudo dun artista concreto.
Nesta exposición mostramos un traballo escollido por cada aula do noso cole, 18 obras artísticas en total.
Cada unha das obras artísticas realizouse seguindo a mesma técnica (collage) para unificar o traballo do centro. Na exposición acompañamos cada traballo cunha placa feita coa cortadora láser de Polos Creativos onde, a través dun código QR, se podía acceder á obra orixinal e información sobre o/a artista.
Esta mostra artística realizouse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela do 18 ao 29 de maio e estivo aberta ao público en horario de mañá e tarde.
AGASALLO A CARMIÑA
XVIII XORNADA CLUBS DE LECTURA
BEGOÑA CAAMAÑO. LETRAS GALEGAS
O noso alumnado colaborador de biblio preparou unha exposición para poder coñecer mellor a Begoña Caamaño (escritora á que se adican as Letras Galegas este 2026) e outras autoras/es galegas/os. Foron animando nos recreos ao alumnado a que se achegara a ler algunha cousiña de Begoña e falar dela. Grazas colaborado@s.


















